Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG acusa á oposición que a Xunta "cometa unha ilegalidade e prevarique" paralizando o centro de xestión ambiental de Lousame

01 Dec 2016

“O lóxico é solicitar ao Goberno galego que vele polo cumprimento estrito da legalidade en materia ambiental”, dixo o portavoz de Infraestruturas, Martín Fernández O PPDEG ACUSA Á OPOSICIÓN DE PRETENDER QUE A XUNTA “COMETA UNHA ILEGALIDADE E PREVARIQUE PARALIZANDO POR CAPRICHO O CENTRO DE XESTIÓN AMBIENTAL DE LOUSAME·    Criticou que En Marea, PSOE e BNG queiran “paralizar a tramitación dun permiso dun xeito discrecional”

 

Santiago, 1 de decembro de 2016.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández, acusou hoxe aos grupos da oposición de “pretender que a Xunta cometa unha ilegalidade e prevarique ao paralizar por capricho” a autorización ambiental dun centro de xestión ambiental no concello coruñés de Lousame”. “O lóxico é solicitar ao Goberno galego, como defendemos na nosa emenda, que vele polo cumprimento estrito da legalidade vixente en materia ambiental durante toda a tramitación do procedemento”, apuntou.

 

Martín Fernández criticou que os tanto En Marea, como PSOE e BNG pretendan “paralizar a tramitación dun permiso dun xeito discrecional” e explicou que “non se lle pode pedir a un Goberno que tome unha decisión deste xeito”.

 

APLICAR A NORMATIVA

 

“De aprobar a proposición defendida pola oposición, non estaríamos facendo ningún favor ao Goberno galego, xa que estaríamos incitándoo a cometer unha ilegalidade e daríamos armas moi doadas a calquera avogado para ganar un contencioso-administrativo formulado contra esta decisión”, sinalou.

 

O portavoz popular concretou que “o que debemos pedirlle ao Goberno galego é que aplique a normativa e rigor ambiental coa maior seriedade, respaldándoo para que sexa o máis estrito dentro da aplicación da lei tramitando o expediente”.

 

Así mesmo, engadiu que “debemos pedir ao Goberno que remate o expediente no menor prazo posible coa maior eficiencia xurídica, técnica e os maiores criterios ambientais”.

Síguenos nas redes sociais