Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Feijóo asegura que o PPdeG seguirá traballando como ata agora para apoiar aos autónomos e emprendedores

31 Ago 2016

San Cibrao das Viñas, 31 de agosto de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que o emprendemento seguirá sendo unha das claves da estratexia dos populares. Por este motivo, indicou que o programa electoral do PPdeG volcarase no eido do apoio aos autónomos.

Segundo indicou, serán un obxectivo e un colectivo prioritario ao que queren seguir apoiando, tal como fixeron ata agora e para os que sinalou propostas concretas, “alixerando as cargas sociais, alixerando os compromisos coa Seguridade Social, buscando e investindo na formación dos autónomos e facilitando a constitución dun autónomo como un emprendedor que inicia unha aposta económica”.

 

E é que desde 2009, 31.000 autónomos beneficiáronse das axudas da Comunidade Autónoma por importe de 230 millóns de euros. Ademais, séguese subvencionando durante un ano a afiliación á Seguridade Social dos menores de 30 anos que se establezan como autónomos e esténdese ao segundo e terceiro traballador as axudas para a contratación indefinida.

 

DEDICADOS ÁS EMPRESAS CON DIFICULTADES
Durante a súa participación nun encontro con emprendedores en San Cibrao das Viñas, Ourense; Feijóo puxo en valor que, grazas a unha xestión con rigor, os populares lograron que a Xunta pagase en tempo e forma aos seus provedores, cun tempo medio de pago case un mes máis rápido que a media das comunidades.

 

Ademais, sinalou que se puxo en marcha o maior plan de avais para circulante da historia da autonomía e empresas como Vulcano, Barreras, Copo ou Clesa, tiveron no Goberno galego apoio en forma de avais, préstamos ou inxeccións de capital.

 

AS BASES PARA QUE EMPRENDER SEXA MAÍS DOADO
O dirixente recoñeceu que modificouse o marco legal para poder facer máis doada a decisión de emprender un proxecto empresarial. Por iso, elaborouse a Lei do Emprendemento que, entre outras vantaxes, trouxo consigo a eliminación con carácter xeral da licenza previa e un total de cinco deducións fiscais que abaratasen a actividade económica.

 

Tamén se desenvolveron novas ferramentas de apoio como a Unidade Galicia Emprende, para dar unha resposta en menos de trinta días aos proxectos presentados; e a Oficina “Doing Business”, dirixida a estudar as suxestións dos emprendedores cara a reducir as trabas burocráticas á actividade empresarial.

 

De igual modo, apoiouse ás novas ideas de emprendemento coa Rede Galega de Aceleradoras, con proxectos como Vía Galicia, Galicia Open Future , Bussines Factory Auto ou os Centros coworking en colaboración coa EOI. Así mesmo, a Lei de Economía Social reduciu a 300 euros o capital mínimo para crear unha cooperativa -hoxe hai un 15% máis de cooperativas que en 2009-.



INNOVACIÓN E INTERNACIONALIZACIÓN
No tocante ao eido da innovación e da aposta pola calidade, Feijóo recordou que se levaron a cabo proxectos como o Programa Innterconecta; a Compra Pública Innovadora, na que Galicia é líder en España; e o fortalecemento dos nosos centros de coñecemento.

 

Tamén, desde 2014, apuntou que se está desenvolvendo a Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3), co obxectivo de mobilizar máis de 1.600 millóns de euros en Galicia no horizonte de 2020. Nese senso, o dirixente recoñeceu que está orgulloso que Galicia sexa centro de referencia para a innovación no ámbito empresarial en sectores como a automoción, o naval, a aeronáutica, a biotecnoloxía ou o sector das TIC.

 

No eido da internacionalización, Feijóo subliñou que en sete anos, a Xunta concedeu 14 veces máis axudas ás pemes para a súa internacionalización que en toda a historia da autonomía e hoxe hai un 30% máis de empresas exportadoras que no 2009.

 

Síguenos nas redes sociais