Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Feijóo percorreu a comarca da Limia para escoitar as suxestións dos veciños

29 Xul 2016

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2016.- O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, compartiu onte faladoiro cos veciños de Baltar, Os Blancos e Porqueira. Polo banco de Feijóo pasaron multitude de veciños e veciñas interesados en falar cara a cara co presidente.

Así, en Baltar puido escoitar, entre outras, as ideas dos máis mozos da zona, cuxo interese se centraba nas posibilidades educativas da zona e na dinamización da oferta cultural.

Bolígrafo en mano para tomar boa nota das suxestións dos veciños de cada concello, Feijóo seguiu o seu camiño nos Blancos. Alí puido escoitar ao antropólogo local, que deu un discurso resumindo algúns dos asuntos que máis preocupaban aos seus conveciños.

Por último, o presidente do PPdeG rematou a xornada máis aló do solpor en Porqueira, onde puido pasear pola vila e coñecer ao máis veterano dos veciños do concello.

A GALICIA QUE TI QUERES

Estes encontros forman parte da xira ‘A Galicia que ti queres’ deseñada polo Partido Popular de Galicia para fomentar o contacto directo do presidente coas galegas e os galegos e para recibir as súas propostas e achegas de cara á elaboración do vindeiro programa electoral.

Feijóo continuará hoxe en camiño en diferentes concellos da Costa da Morte despois de ter visitado esta semana, ademais da Limia, Cabanas e Pontecesures.

Síguenos nas redes sociais