Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Tellado recalca a necesidade de gobernos estables para garantir os servizos

29 Xul 2016

O Bolo, 29 de xullo de 2016.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, recalcou a pertinencia de contar con gobernos estables que non estean bloqueados e que, por tanto, poidan tomar decisións que repercutan na mellora da calidade de vida da cidadanía.

O secretario xeral do PPdeG incidiu en que os políticos son servidores públicos e como tales non poden facer refén a toda a cidadanía polos seus intereses partidistas, senón tratar de conformar gobernos estables que sexan útiles.

Neste senso, Tellado apuntou que non aportarán estabilidade a un Goberno aqueles partidos que non teñen nin estabilidade no seu seo. Así apuntou que o PSdeG está a punto de saltar polos aires polas súas diferenzas internas, mentres que a Marea non é que non teña candidato, senón que nin sequera saben con quen se vai presentar ou baixo que nome mentres que no BNG hai xa máis escisións que militantes.

O número dous dos populares contrapuxo esta situación á do PPdeG, un partido que ofrece un plus de estabilidade a Galicia co que xa non conta ningunha comunidade autónoma nin o Estado. Ao entender de Tellado este é un ben a protexer, xa que é a estabilidade dos gobernos a que permite tomar decisións para que se manteñan os servizos básicos.

Síguenos nas redes sociais