Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Parlamento aproba solicitar Concello Vigo inclusión no Plan Transporte Metropolitano

28 Out 2015


O PARLAMENTO APROBA SOLICITAR AO CONCELLO DE VIGO A  INCLUSIÓN DO TRANSPORTE URBANO NO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO



·    “Non entendemos a negativa a firmar un convenio no que a Xunta financia o 100% do prezo que o usuario deixa de aboar polas bonificiacións e non lle supón custe adicional algún ao Concello” indicou Javier Dorado



·    Para o deputado popular “é necesario acabar co localismo exacerbado do alcalde de Vigo que pon os seus intereses por enriba dos cidadáns”




Santiago, 28 de outubro de 2015.- O Parlamento de Galicia aprobou na sesión plenaria de hoxe unha inicaitiva do PPdeG encamiñada a retomar as negociacións co Concello de Vigo para incluír o Transporte Urbano “Vitrasa” dentro dos servizos do Plan de Transporte Metropolitano.



O deputado popular Javier Dorado,encargado da defensa da iniciativa, resaltou as ventaxas para os usuarios con descontos medios do 50% nas viaxes metropolitanas e un sistema de billete único que facilita a intermodalidade,xa que na área de Vigo este Plan inclúe o transporte da ría.
Así mesmo, indicou, os usuarios que realicen máis de 40 viaxes nun mes, terán unha bonificación adicional do 15% así como as familias numerosas que obterán descontos de entre o 20% e o 50%. Tamén sinalou o deputado popular a menor contaminación, o fomento do transporte colectivo e a mellor ordenación do tráfico como ventaxas do Plan, que xa beneficia a 65 concellos en Galicia.



Javier Dorado resaltou na súa intervención que “non entendemos a negativa a firmar un convenio no que a Xunta financia o 100% do prezo que o usuario deixa de aboar polas bonificacións e non lle supón custe adicional algún ao Concello de Vigo”. Así mesmo indicou que este programa inclúe a 12 concellos da Área, exceptuando a Gondomar e Vigo, e que a Xunta está en “absoluta disposición de retomar as negociacións para que a colaboración institucional sexa beneficiosa para os veciños e as veciñas de Vigo”.



O deputado popular criticou o “boicoteo” á Área Metropolitana de Vigo dende o 2012 por parte do Concello “quizais porque o alcalde consideraba que non podía controlala nin tela a súa disposición, algo que cambiou na actualidade, na que amosa presa porque cree que pode controlala mirando tan só polos seu intereses e non polos beneficios para a cidade”.



Para o deputado popular “é necesario acabar co localismo exacerbado do alcalde de Vigo que pon os seus intereses por enriba dos cidadáns” polo que solicitamos colaboración e cooperación en algo que beneficiará aos veciños e veciñas de Vigo como é incluír  o transporte urbano no Plan de Transporte Metropolitano.

Síguenos nas redes sociais