Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

GPP propón un pacto de loita contra a violencia xénero cunha mensaxe de unidade

28 Out 2015


O GRUPO POPULAR PROPÓN UN PACTO DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, LONXE DO USO PARTIDISTA E QUE LANCE Á SOCIEDADE UNHA MENSAXE DE UNIDADE



·    “Que os violentos interpreten que non hai fisuras na loita contra a violencia contra as mulleres, que saiban que non atoparán cobizo en ningures, e que cada proposta está pensada para sumar e para loitar contra eles e non para desgastar politicamente ao adversario”, sinalou Prado



·    Recoñeceu “o esforzo que leva feito a Xunta na dotación de recursos e servizos para a prevención, atención e tratamento de vítimas, incrementando as partidas orzamentarias no peor contexto económico”



Santiago, 27 de outubro de 2015.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, propuxo hoxe no Parlamento un pacto de loita contra a violencia de xénero “onde se deixe o uso partidista e podamos lanzar á sociedade un mensaxe de unidade contra esta lacra”. Así mesmo, defendeu a elaboración, a través do Consello Galego das Mulleres Rurais, dun estudo sobre a incidencia da violencia de xénero nos concellos de ámbito rural, co obxectivo de ter unha diagnose para poder adoptar as medidas de actuación, prevención e sensibilización necesarias, proposta que o Grupo Socialista xa anunciou que non aceptará a pesar de que forman parte deste Consello todas as organizacións sindicais.



Paula Prado manifestou a necesidade de “mandar unha mensaxe clara á sociedade: que os violentos interpreten que non hai fisuras na loita contra a violencia contra as mulleres, que saiban que non atoparán cobizo en ningures, que cada proposta está pensada para sumar e para loitar contra eles e non para desgastar politicamente ao adversario”.



Na súa intervención, a portavoz popular lembrou que a Lei galega 11/2007 para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero en Galicia recolle medidas a adoptar no ámbito da violencia de xénero no rural. “En cumprimento desta normativa, a Xunta apoia o traballo dos 80 centros de información ás mulleres existentes en Galicia, leva adiante campañas de sensibilización en todos os concellos e axuda ás asociacións de mulleres  rurais con programas específicos para elas”, apuntou.



ESFORZO DA XUNTA



Así mesmo, Paula Prado recoñeceu “o esforzo que leva feito a Xunta na dotación de recursos e servizos para a prevención, atención e tratamento de vítimas, incrementando as partidas orzamentarias no peor contexto económico”. En concreto, salientou que o programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero incrementou este ano un 26 por cento o seu orzamento con respecto a 2014.



A portavoz popular destacou, por último, “o importante papel que ten feito o actual Goberno galego coa creación do Consello Galego das Mulleres en 2012, como órgano colexiado, consultivo, de participación e asesoramento en materia de políticas de igualdade en Galicia”. Ademais, salientou que no seu deste consello galego se ten constituída unha  Comisión de Muller Rural, que xa comezou a traballar a principios do presente ano.

Síguenos nas redes sociais