Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG pide no Parlamento a realización de plans de ordenación forestal

26 Set 2011

Segundo os deputados populares trátase de regular o monte galego dun xeito exhaustivo tratando de evitar o abandono que se converte nunha carga económica, unha perda de riqueza e un perigo para o medio ambiente

O PPDEG SOLICITA NO PARLAMENTO A REALIZACIÓN DE PLANS DE ORDENACIÓN FORESTAL COMO INSTRUMENTOS DE PLANIFICACION E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

  • Incluirían, entre outros, o análise dos distintos tipos de solo, a adscrición dos tipos de planta segundo cada tipo de solo, demarcación e ordenación do apto para as plantacións forestais, distancias mínimas e plan de xestión 

Santiago de Compostela, 25 de setembro  de 2011.- O PPdeG, a través da súa voceira de Montes Emma Álvarez Chao e o deputado Antonio Fraga Sánchez, ven de presentar no Parlamento unha Proposición non de Lei instando á Xunta a que se leven a cabo as accións pertinentes por parte da Consellería de Medio Rural para a realización de Plans de Ordenación Forestal a nivel de distrito forestal como instrumentos de planificación e ordenación do territorio. Esta planificación do solo forestal sería indicativo para todo tipo de actuacións e trataríase de regular este solo dun xeito exhaustivo “tratando de evitar o abandono que se converte nunha carga económica, unha perda de riqueza e un perigo para o medio ambiente” segundo Antonio Fraga. 

Os deputados populares sinalan que entre as potencialidades económicas de Galicia resalta a explotación forestal de madeira como unha actividade que supón arredor do 5,8% do PIB xa que “os distintos microclimas da nosa Comunidade e os distintos tipos de solos fan do noso país un potencial produtor tanto a nivel cuantitativo como cualitativo, capaz de producir grandes cantidades de madeira e de diversas calidades” segundo Antonio Fraga. Ademais, engade o deputado popular , a explotación forestal debe ser, en momentos de dúbidas sobre a viabilidade económica de moitas explotacións lácteas “unha alternativa sólida de diversificación produtiva para o medio rural galego”. Nembargantes esa potencialidade económica de Galicia vese truncada moitas veces por múltiples causas entre as que destaca o abandono de moitas parcelas de monte polo desapego e desleixo dos propietarios. 

Así o abandono do monte no só supón unha nula produtividade e polo tanto perda de riqueza “senón que en moitos casos se converte nunha carga económica para o conxunto dos cidadáns e un perigo para o medio ambiente” polo que “cabería preguntarse , segundo os deputados populares “se existiría tanto abandono se dito abandono supuxese para os seus propietarios algunha carga impositiva como podería ser a obriga de pagar un IBI de natureza rústica superior” .

REGULACION EXHAUSTIVA DO MONTE GALEGO

Os Plans de Ordenación Forestal tratarían pois de regular o monte galego dun xeito exhaustivo e “do mesmo xeito que nun solar urbano están regulados a ocupación, a edificabilidade, os retranqueos ou as características da edificación, no monte deben estar regulados o tipo de plantas para cada solo, as distancias, as limpezas periódicas etc”. 

Así estes Plans incluirían, entre outros, o análise e clasificación dos distintos tipos de solo, a adscrición dos tipos de planta segundo cada tipo de solo, demarcación e ordenación do apto para as plantacións forestais, distancias mínimas e plan de xestión. Todo elo encamiñado a delimitar e clasificar ese solo, analizar os usos e aproveitamentos, regulalos e definir directrices de uso e xestión forestal.

Síguenos nas redes sociais