Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Ourense, 23 de xuño de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que non hai por qué xogarse o voto xa que se pode depositar con garantías, con seguridade e con certezas se é para o candidato do Partido Popular, Mariano Rajoy.Desta maneira se expresaba o líder dos populares galegos, que participou nun mitin esta tarde en Ourense onde estivo acompañado polos candidatos ás Cortes por Ourense, Miguel Ángel Viso e Miri Barreira, e polo presidente provincial, Manuel Baltar. Durante a súa intervención, fixo fincapé en que non hai por qué xogarse o voto a ver qué pasa, sen ter claro se o noso partido terá escano ou se, pola contra, o noso apoio beneficiará ao contrario, como pasa con Ciudadanos en Galicia. Do mesmo xeito, o dirixente salientou que tampouco hai razóns para votar sen ter a seguridade do que vai facer despois a nosa opción, nin con quén o fará.Nesta liña, sinalou que o voto non é unha lotería e que non podemos arriscarnos a que poida acabar na bancarrota ou en “volver a xogar”.  CONTINUAR AVANZANDODurante a súa intervención, Feijóo asegurou que temos que superar o bloqueo para que España continúe avanzando.Segundo precisou, aínda queda…
Di que nos enfrontamos a un populismo que quere dividirnos e que non ten máis plantexamento que o “poder polo poder”   Feijóo pide o voto dos socialistas que non atoparon no seu partido un compromiso claro coa moderación porque esa garantía a teñen no PP   • Indica que os partidos responsables do bloqueo que vive o país continúan vetando nesta campaña, sen aprender nada do acontecido nestes últimos seis meses   • “Cando un partido non acepta os resultados das urnas, é un partido que está reñido cos cidadáns”, asegura   Vigo, 22 de xuño de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu o apoio dos votantes socialistas que non atoparon no seu partido un compromiso claro coa moderación, xa que esa é unha garantía que só teñen no PP.    Nun mitin celebrado hoxe en Vigo no que contou coa compañía da candidata ao Congreso, Ana Pastor, e do presidente provincial, Alfonso Rueda; o dirixente aseguroulles a todos aqueles que votaron ao PSOE pero que non queren que Podemos “lles dea leccións”, que teñen a opción de unirse aos populares.   Do mesmo xeito, tamén sinalou que hai moita xente que nestes seis meses non…
O GRUPO POPULAR APOIA NO PARLAMENTO DEMANDAR AO GOBERNO CENTRAL QUE DIFICULTE E INCREMENTE OS OBSTÁCULOS LEGAIS DAS OPERACIÓNS ECONÓMICAS EN PARAÍSOS FISCAIS ·    Tamén se solicita que a Administración central intensifique a sinatura de convenios de dobre imposición e dos acordos de intercambio de información en materia tributaria ata a eliminación de territorios considerados paraísos fiscais Santiago, 23 de xuño de 2016.- O Grupo Popular, a través do seu portavoz, Pedro Puy, condenou esta mañá no Parlamento a existencia de paraísos fiscais e apoiou a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno central a dificultar e incrementar os obstáculos legais das operacións económicas con residentes nestes paraísos fiscais, así como a intensificar a sinatura de convenios de dobre imposición e dos acordos de intercambio de información en materia tributaria ata a eliminación de territorios considerados paraísos fiscais. Pedro Puy sinalou que desde o Partido Popular “estamos plenamente de acordo na condena dos paraísos fiscais, que introducen distorsións na capacidade dos estados para facer políticas redistributivas”. PLENAMENTE DEFINIDOS Neste sentido, explicou que os paraísos fiscais “están plenamente definidos no ámbito internacional” e concretou que “é posible loitar contra eles a través da sinatura…
A proposta, que saíu adiante por unanimidade logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, pon especial énfase nos afectados polas participacións preferentes que gañaron os procesos xudiciais contra as entidades financeiras O PARLAMENTO APROBA DEMANDAR AO GOBERNO CENTRAL QUE DEIXE DE CONSIDERAR COMO GANANCIA PATRIMONIAL O ABONO DAS COSTAS XUDICIAISSantiago, 23 de xuño de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG demandar ao Goberno central que deixe de considerar como ganancia patrimonial as cantidades recoñecidas a favor dos contribuíntes como abono das costas xudiciais pola parte perdedora nun xuízo, particularmente no caso dos preferentistas en relación coas cantidades abonadas polas entidades financeiras como consecuencia de teren sido condenadas ao pago das costas xudiciais. A deputada do Grupo Popular Herminia Pouso salientou que este problema dos afectados polas participacións preferentes “afectou en menor medida en Galicia, xa que a maior parte dos prexudicados das antigas caixas galegas se acolleron á arbitraxe e evitaron acudir á vía xudicial”. Ademais, os que decidiron acudir á vía xudicial, conseguiron acadar un acordo antes da celebración do procedemento, polo que tampouco están afectados polo cobro de costas xudiciais. “Pero ademais…
Insiste en que temos que votar para que gañe aquilo no que cremos e o que máis nos importa como galegos e españois Feijóo pide o apoio dos votantes de Ciudadanos que quedaron sen escano o 20-D para que haxa máis deputados galegos que defendan a moderación e a convivencia constitucional   • Di que non pide un voto á contra senón a favor do país, das nosas liberdades, e de que ninguén lle teña que deber pleitesía a un gobernante por facer o seu labor    • Apunta que Galicia ten que seguir sendo unha prioridade e destaca a importancia de ter un goberno que se centra no que debe, como fai o PP    Lugo, 21 de xuño de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu o apoio aos  galegos que votaron a Ciudadanos e quedaron sen escano o pasado 20 de decembro, asegurando que só co voto ao Partido Popular en Galicia haberá máis deputados galegos que defendan a moderación e a Constitución.    Nun mitin celebrado hoxe en Lugo e no que estivo acompañado polos candidatos ás Cortes, Joaquín García Díez e José Manuel Barreiro, e pola presidenta provincial, Elena Candia; o líder do…
  O GRUPO POPULAR LEVA A PLENO A PRIMEIRA PROPOSICIÓN NON DE LEI DE INICIATIVA POPULAR, QUE SOLICITA A REBAIXA DO IVE AOS CUEIROS DOS NENOS ·    A sesión plenaria debaterá para a súa aprobación a devolución aos funcionarios da paga extra de 2013, a modificación da Lei de servizos sociais e a Lei de coordinación de policías locais   Santiago, 21 de xuño de 2016.- O Grupo Popular asumiu e incorporou na orde do día do Pleno da vindeira semana o debate da primeira proposición non de lei de iniciativa popular que se debaterá nun Parlamento español, a través da que se solicita á rebaixa ao 4 por cento do IVE nos cueiros dos nenos. Ademais, o Grupo Popular demandará que os concellos de A Coruña, Lugo, Santiago, Vigo e Ourense adopten as medidas necesarias para estender a gratuidade do transporte urbano aos menores de 18 anos. A Lei de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá no Parlamento, aprobada no mes de agosto do pasado ano co único voto favorable do Grupo Popular, recolle a posibilidade de que os cidadáns poidan presentar iniciativas populares de control e de impulso ao Goberno galego. Deste xeito, a Asociación Galega de Familias…
Salienta a necesidade de mobilizarnos e anima a votar contra o bloqueo, a favor de Galicia, de España e da moderación   Feijóo di que se Rivera non quere un goberno de Podemos, que lle diga aos seus votantes en Galicia que voten ao PP · Apunta que cantos máis escanos teñan os populares, máis opción terá o PSOE para non “someterse a Pablo Iglesias e servir de muleta de Podemos” · Indica que concentrar o voto no Partido Popular garante que haxa goberno, gobernabilidade e que o país volva arrancar   Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que se Albert Rivera non quere un goberno de Podemos, que lle diga aos seus votantes en Galicia que voten ao Partido Popular.   Desta maneira se expresaba o dirixente, que participou esta tarde xunto ao ministro de Sanidade, Alfonso Alonso, nun mitin en Santiago no que tamén contaron coa presenza do presidente local, Agustín Hernández e da candidata ao Congreso, Marta González.   Alí, dirixiuse a aquelas persoas afíns a Ciudadanos que o que queren é moderación, unidade de España e reformas; e aseguroulles que teñen nas papeletas do PP a…
PUY SALIENTA O “NOTABLE CONTIDO LEXISLATIVO” DO VINDEIRO PLENO CO DEBATE PARA APROBACIÓN DA REFORMA DA LEI DE SERVIZOS SOCIAIS, A DE POLICÍAS LOCAIS E A DE DEVOLUCIÓN AOS FUNCIONARIOS DE PARTE DA EXTRA DE 2013 ·    A Lei de coordinación de policías locais atenderá cuestións demandadas polos representantes do sector, como a eliminación do tope de idade de 36 anos para acceder ao corpo ou a mellora dos procesos de cobertura de mandos ·    A sesión plenaria tamén aprobará restituír a partir do 1 de xaneiro a totalidade do complemento específico das pagas extra que se tivo que suprimir aos funcionarios por mor da crise e para garantir os servizos do Estado de Benestar Santiago, 20 de xuño de 2016.- O portavoz do Grupo Popular,  Pedro Puy, subliñou hoxe o “notable contido lexislativo” que terá o Pleno da vindeira semana, na que se procederá ao debate para a súa aprobación de tres textos legais: a modificación da Lei de Servizos Sociais, o proxecto de Lei de coordinación das policías locais e a norma a través da que se abona este ano aos empregados públicos a parte devindicada da extra de 2013. Á espera da reunión da Xunta de Portavoces…
Ourense, 20 de xuño, 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que, mentres algúns buscan sacar rédito político da pobreza e cren que acaban de inventar a loita contra a exclusión, o PPdeG leva moito tempo loitando contra ela e axuda ás familias que o pasan mal.   Así se expresaba o líder dos populares galegos no acto sectorial con entidades sociais advertiu que Galicia pide cooperación pero esixe tamén que ninguén pretenda monopolizar a loita contra a pobreza para obter réditos políticos. celebrado esta mañá en Ourense, onde asegurou que Galicia ten un obxectivo claro: lograr que toda a poboación se beneficie da recuperación económica. Algo que, como sinalou, conseguirase a través da implicación das empresas, das Administracións locais, e das entidades sociais, nun movemento a prol da inclusión social coordinado e encabezado pola Xunta.    Nesta liña, Feijóo advertiu que Galicia pide cooperación pero esixe tamén que ninguén pretenda monopolizar a loita contra a pobreza para obter réditos políticos.    O PAPEL DO GOBERNO GALEGO  Segundo o líder do PPdeG, a Xunta asumiu desde o principio as súas responsabilidades neste eido e materializou o seu apoio a través de actuacións como a Axenda Social Única,…

Síguenos nas redes sociais