Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Salienta que o voto que empeza no PSOE tamén pode acabar en Podemos pola vía do pacto   Feijóo sinala que o PP é a única vía segura para a moderación e o goberno e di que os votos a Ciudadanos en Galicia deron escanos ao populismo   • Asegura que a Podemos non lle interesa o país, que non teñen proxecto para España e que presentan un programa que só vale para gobernar seis meses   • Apunta que culpar ao partido que gaña eleccións de que non hai goberno ou que se diga que se ten que ir o candidato gañador  “é a democracia ao revés”   Monforte, 12 de xuño de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que o voto ao Partido Popular é a única vía segura para que haxa moderación e goberno.   O dirixente, que participou nun mitin en Monforte acompañado polos candidatos ás Cortes pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro e Joaquín García Díez, e pola presidenta provincial, Elena Candia; dixo que a alternativa ao goberno dos populares co que crece España non é outro goberno senón o populismo, “que non ten ningún interese en gobernar senón en enganar”.…
Fronte aos “animais de plató”, reivindica aos candidatos “con currículo de servizo” que saen a “falar cara a cara cos galegos”   Tellado avanza as visitas de Rajoy, Cospedal e Soraya nunha campaña de proximidade e de “boas sensacións”   • Espera que no debate de hoxe Sánchez non insulte, Rivera explique o seu apoio ao PSOE, e Iglesias confirme que se é presidente haberá referéndum en Cataluña • Fai un chamamento ao voto “dende a responsabilidade” e destaca que os votos a Sánchez e Rivera dende Galicia poden “acabar en Podemos”   Santiago, 13 de xuño de 2016.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, avanzou hoxe as visitas a Galicia de Mariano Rajoy, María Dolores de Cospedal e Soraya Saénz de Santamaría.    Os tres estarán esta semana en territorio galego. O primeiro será o candidato popular, que estará o xoves na súa cidade natal, Santiago de Compostela, e na cidade na que máis anos residiu: Pontevedra.   A secretaria xeral, María Dolores de Cospedal, estará co presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo durante parte da xornada de sábado, e a vicepresidenta do Goberno fará o propio o domingo.   Por iso, fronte aos das visitas exprés ou…
Madrid, 13 de xuño de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que “o mellor que fixemos nestes últimos catro anos é devolver a esperanza ao noso país”, ao tempo que indicaba que os populares exercen a política sendo un equipo e queren seguir exercendo a defensa dos intereses xerais con responsabilidade.    Así se expresaba nun foro celebrado esta mañá en Madrid no que estivo acompañado pola presidenta desta Comunidade, Cristina Cifuentes, e onde puxo en valor que tanto en Madrid como en Galicia, o goberno do PP, ademais de reducir o custe do transporte para os mozos, logrou baixar os impostos e eliminou o de Sucesións e Doazóns, “xa que parécenos máis razoable que sexan as familias as que xestionen a herdanza dos seus pais e non que o fagan os gobernos”.   Nese senso, afeou o obxectivo de moitos partidos -como Podemos- de querer implántalo de novo, mantendo unha presión fiscal máis alta e volvendo poñer un imposto que co esforzo da xente se puido eliminar.    Ademais, Feijóo tamén fixo fincapé na importancia de dar liberdade á cidadanía sen querer adoutrinala así como o fundamental que é que un político non lle deixe unha…
Fene, 12 de xuño de 2016.- O  Secretario Xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado acudiu esta mañá xunto co candidato ó congreso, Juan Juncal, e o voceiro do PP de Fene, Gumersindo Galego ó tradicional feirón de Perlio. Tellado salientou os contratos conseguidos ó longo desta lexislatura polo goberno de Mariano Rajoy.    O secretario xeral do PPdeG quixo poñer en valor que, á súa chegada ao goberno, Rajoy atopou o estaleiro de Perlío-Fene, a antiga ASTANO completamente pechada. “Non tiña traballo porque sobre ela caía un veto prorrogado polos socialistas durante os últimos dez anos” mentres que neste período o que fixeron Rajoy e o PP foi “reabrir a antiga ASTANO, acender os talleres, darlle luz, darlle carga de traballo ademais a través dun sector que significa a diversificación, que é o da éolica mariña”.   Tellado salientou que dende a fin do veto, o que fixo o goberno de Rajoy foi lograr un contrato para a construción das 29 Jackets de eólica mariña para Iberdrola, que supón unha facturación de 90millóns de euros, así como o contrato subscrito tamén por Navantia para a fabricación de 5 macroestructuras flotantes para a fixación de parques de eólica mariña en…
“Acudamos a votar para que non poidan decidir por nós, e para que sexa imposible que volvan bloquear o noso país”, apunta Feijóo di que de Rajoy un sabe que pode esperar emprego, moderación e goberno ante partidos sen criterio que xeran indecisión • Asegura que canto máis se disperse o voto, máis se vai difuminar a posibilidade de ter un presidente libre para tomar decisións que beneficien aos intereses xerais Sanxenxo, 11 de xuño de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que, con Mariano Rajoy, un si sabe o que fará, que é emprego; o que pode esperar, que é moderación; e o que pode ofrecer, un goberno. Así se expresaba no mitin celebrado hoxe en Sanxenxo, onde estivo acompañado pola candidata número un ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Ana Pastor, e polo presidente provincial, Alfonso Rueda. O dirixente popular recoñeceu que estas eleccións son un fracaso logo de que non se respectara “o que é a esencia da democracia”. Nese sentido, apuntou que a xente non entende para que se votou en decembro, por que non valeu seu voto, por que o PSOE se move entre a irracionalidade de entregarse a Podemos ou “marear…
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, paseando polo Barco de Valdeorras acompañado por membros da candidatura popular ourensana ás Cortes Xerais.
Di que “cada voto moderado que se queda en casa pode volver a colapsar o país”    Feijóo: “Contra os vetos, eu pido os votos”    - Dixo presentarse á reelección como presidente da Xunta para que en Galicia non pase o que pasou en España e para que os galegos sigan a ter un executivo responsable   A Rúa, 10 de xuño de 2016-. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu hoxe o voto para Mariano Rajoy para non perder máis tempo. “Levábamos uns anos de recuperación e agora levamos seis meses de parálise”, destacou.    En A Rúa, no primeiro mitin de campaña, Feijóo puxo de relevo que, aínda que estas eleccións eran evitables, “agora é imprescindible votar” ante o risco de “inestabilidade e ruptura”.   Feijóo salientou que o 26-X o voto decídese entre dúas opcións: “construír ou destruír, ir en contra ou a favor, ter un goberno ou que non haxa goberno”. Por iso apelou ao voto dos indecisos xa que “se de cada tres que non decidiron, dous votan ao PP, haberá unha maioría clara para gobernar España”. No caso contrario “xa sabemos o resultado dos empates”, lembrou.   Para ilustrar a importancia de…
Logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Mixto O PARLAMENTO APROBA SOLICITAR AO INSTITUTO DA MULLER A ELABORACIÓN DUN ESTUDO SOBRE A INCIDENCIA DA TAXA ROSA ·    Esta taxa consiste en aplicar un sobreprezo a produtos dirixidos ás consumidoras femininas só por unha diferenza fundamental de estética Santiago, 10 de xuño de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Mixto, solicitar ao Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades, adscrito ao Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Consumo, a elaboración dun estudo que avalíe a incidencia da coñecida como taxa rosa, consistente en aplicar un sobreprezo a produtos dirixidos ás consumidoras femininas só por unha diferenza fundamentalmente estética. A deputada do Grupo Popular Jackeline Fernández explicou que “estamos a falar dun sobreprezo ou sobrecusto de determinados produtos e servizos destinados ao  público feminino”. Porén, sinalou que, a pesar de que se trata “dunha práctica inxusta e coa que as mulleres do PP non estamos de acordo, non é unha práctica ilegal, senón sinxelamente consecuencia das leis da oferta e da demanda”. IGUAIS PRODUTOS, IGUAIS PREZOS “Consideramos necesario e importante a realización dun estudo que avalíe…
Lugo, 10 de xuño de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que os populares “seguiremos contribuíndo a que o rural galego transmita estabilidade e confianza, xa que ese é o segredo para captar investimentos”. Así se expresaba o líder do PPdeG na súa visita a Cooperativa Penaval, en Santa Cristina de Román (Lugo), onde estivo acompañado polo presidente do PP local, Jaime Castiñeira, polo cabeza de lista ao Senado José Manuel Barreiro, polo cabeza de lista ao Congreso, Joaquín García Díez, e pola presidenta provincial, Elena Candia.  Segundo asegurou, non se pode entender a economía galega sen explotacións gandeiras e, precisamente, Cooperativa Penaval, cunha produción anual de 2,3 millóns de litros de leite e unha facturación de 900.000 euros, é un símbolo da forza que ten e seguirá tendo o sector en Galicia. O SECTOR LÁCTEO, UNHA APOSTA DE FUTURO O presidente dos populares galegos convidou a entender a nosa gandería en positivo para vela como unha aposta de futuro e para intentar resolver os problemas, empregando a política para achegar solucións, e non para sementar dúbidas nin intentar sacar rédito político da crise do sector. Neste senso, Feijóo lembrou que, dentro deste contexto internacional, no…

Síguenos nas redes sociais