Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Aprobada Lei medidas fiscais que recolle rebaixas tributarias importantes

23 Dic 2015


O PARLAMENTO APROBA A LEI DE MEDIDAS FISCAIS E ADMINISTRATIVAS, QUE RECOLLE AS REBAIXAS FISCAIS NO IRPF, SUCESIÓNS E TRANSMISIÓNS PATRIMONIAIS QUE OS GALEGOS GOZARÁN A PARTIR DE XANEIRO



Santiago, 23 de decembro de 2015.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a Lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña aos orzamentos da Xunta para 2016 e que fundamentalmente recollen as rebaixas tributarias que os galegos gozarán a partir do mes de xaneiro: rebaixa progresiva do imposto sobre a renda, supresión do imposto de transmisións patrimoniais no rural galego e exención do imposto de sucesións ao 99 por cento dos galegos.



Pedro Puy manifestou que “o máis importante desta Lei de medidas son as medidas fiscais, que teñen consecuencias expansivas para afianzar o crecemento do emprego e da economía galega, e unha clara compoñente redistributiva e con marcado carácter social”.



PROGRESIVIDADE NOS IMPOSTOS



En concreto, sinalou que con estas modificacións fiscais os galegos gozarán dun “IRPF máis progresivo, un imposto do patrimonio máis progresivo, un imposto de sucesións máis progresivo, porque se lle baixa aos que menos renda ganan, aos que teñen herdanzas de menor contía e aos que posúen patrimonios máis cativos”. “En definitiva, nos situamos nun círculo virtuoso con máis traballo, menos impostos e máis capacidade para pagar os servizos públicos”, apuntou.



Ademais destas medidas de carácter fiscal, o portavoz popular apuntou que a Lei de medidas incorpora outras iniciativas, como “a historia social única electrónica, fundamental para obter os mellores resultados en política social; medidas para o fomento da fusión de concellos; un seguro de accidentes en deportes; e, dirixido aos empregados públicos, se recuperan días de antigüidade, a paga extra e o 1 po cento do salario, por primeira vez desde que se lles sacara o 5 por cento por parte do Goberno socialista”.



Respecto da Corporación de Radio-Televisión de Galicia, Puy criticou á oposición que, “despois de escoitar que había que poñer en marcha esta lei, estean a criticar a súa entrada en vigor, que facemos coa maior responsabilidade e dispostos a negociar o director desta Corporación”. Neste sentido, explicou que coa Lei de medidas “garántese que a CRTVG teña un director xeral de xeito continuo e non embarcarnos nunha situación de ter unha nova corporación, co Consello de Administración nomeado, pero todos os cargos directivos cesados”.