Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

14, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pide unir o voto no Partido Popular para que unha maioría teña alcaldes que se deba unicamente aos seus veciños e non aos seus socios.   Por iso, fixo fincapé en non dividir o voto en diferentes partidos nin quedando na casa sen ir a votar, xa que de facelo perderán todos os veciños que preferían un alcalde do PP, en lugar do que saia da suma de nacionalistas, populistas e socialistas. Dixo que só hai unha maneira de gañar as eleccións e é unindo o voto no Partido Popular, para así ter, ademais, gobernos con programa e que crean na xestión. E é que, tal e como incidiu, votar ao PP é ter a certeza de que o voto acaba en gobernos que gobernen, unidos e comprometidos co seu concello.   ELIXIMOS A UN DOS NOSOS VECIÑOS De cara as Municipais, Feijóo salientou que se pode cambiar o resultado do 28 de abril e convertelo en vitoria electoral. Subliñou que o próximo 26 de maio non se escolle simplemente un partido, unha ideoloxía ou unhas siglas, senón ao veciño que máis escoita e resolve, co que nos identificamos máis,…
Santiago, 14 de maio de 2019.- O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, afirmou hoxe no Parlamento que a Xunta “está a tramitar unha lei de residuos e solos contaminados, que actuará como marco xeral onde poder desenvolver medidas específicas que permitan diferenciar claramente entre unha operación de valorización real de espazos degradados ou unha eliminación en vertedoiro encuberta”.
14, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, durante a súa participación nun encontro sectorial de pesca en Vigo, que Galicia e o sector necesitan do mellor equipo para dar a talla en Europa e defender a nosa pesca “sen sectarismos nin partidismos”.
Santiago, 14 de maio de 2019.- O deputado do Grupo Popular Moisés Rodríguez lembrou hoxe no Parlamento que a extinción da Fundación das Colonias Escolares de Covelo, no concello pontevedrés de A Lama, “é unha demanda realizada polo propio padroado da entidade en 2018, que tamén acordou que os bens e dereitos resultantes da liquidación sexan destinados ao Concello, como entidade que representa aos veciños”.
Santiago, 13 de maio de 2019.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, solicitou hoxe ao Goberno do Estado que “manteña os criterios de distribución entre as comunidades autónomas dos fondos destinados ás políticas activas de emprego e non leve adiante o seu anuncio de modificalos, xa que suporá unha nova aldraxe cara aos galegos ao non recoñecer os resultados de Galicia na xestión destes recursos e os esforzos realizados para reducir os niveis de desemprego”.
13, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, compartiu hoxe co candidato do PP á alcaldía do Ferrol, José Manuel Rey Varela, o compromiso dun Goberno responsable, realista e capaz de formular solucións para a súa industria e a súa economía, como a creación dunha Zona Franca, similar á que existe noutras sete áreas españolas.
13, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, dixo que nas Eleccións Municipais elíxense dous modelos de xestión: un goberno multipartito ou un goberno que goberne. Por iso, avogou por “votar de forma conxunta” e directamente aos candidatos do PPdeG, para así ter alcaldes e alcaldesas que xestionen mellor os concellos e cos que os veciños se sintan máis identificados.
12, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinala que ningún concello se pode dar por perdido e que todos se poden gañar se o voto moderado se une no Partido Popular.  
12, maio, 2019.O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, anunciou este domingo nunha entrevista na Cadena Ser que os populares galegos non apoiarán a ningún candidato de Vox, Podemos ou o BNG ás alcaldías dos concellos da nosa Comunidade.

Síguenos nas redes sociais