Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

ppdegalicia-gl

ppdegalicia-gl (2475)

Children categories

Santiago, 28 de xaneiro de 2020.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, afirmou hoxe no Parlamento que “os servizos de urxencias dos hospitais galegos están dimensionados para atender a todos os pacientes en calquera data, aínda que poden sufrir saturacións en situacións puntuais”.
Santiago, 28 de xaneiro de 2020.- O Grupo Popular rexeitou hoxe no Pleno do Parlamento unha proposición de lei do Grupo Mixto para a despenalización da eutanasia e axuda ao suicidio porque “non creemos que encaixe coa forma de entender a vida e a morte que ten a sociedade galega; porque a lexislación galega en materia de atención a pacientes terminais xa está a evitar o sufrimento e a garantir unha morte digna en Galicia; e porque, tal e como está formulada esta proposta, sen ningún tipo de control ou limitación, é un paso en falso cara un abismo”, sinalou a deputada Julia Rodríguez Barreira. “Non sería responsable abrir nestas condicións unha porta que non poderemos pechar e que nos levará por un camiño moi pendente, moi esvaradío e sen retorno”, apuntou.
Santiago, 28 de xaneiro de 2020.- O deputado do Grupo Popular Martín Fernández Prado asegurou hoxe que a nova Lei de Ordenación do Territorio, que hoxe superou o seu debate de totalidade no Pleno, dotará a Galicia dunha normativa “máis simple, útil, eficiente e práctica, apostando por unha simplificación administrativa, tanto do número de figuras como no procedemento da súa tramitación”.
Santiago, 27 de xaneiro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe que “a Xunta e o PPdeG estamos abertos a cooperar e colaborar coa Administración Xeral do Estado en todo aquilo que sexa bo para Galicia, pero que non nos digan que estamos confrontando cando o único que facemos é pedir o que nos corresponde, o mesmo que están a facer outras comunidades autónomas que ven como o Goberno socialista lles nega o que lles corresponde”.
26, xaneiro, 2020. O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, lamentou este domingo que o PSdeG onte “aplaudise as mentiras do ministro Ábalos”. Así, sinalou que o titular da carteira de Transportes “mentiu cando dixo que as obras do AVE galego rematarían en 2019 e volveu a mentir este sábado cando prometeu que a alta velocidade xa estaría en funcionamento en 2021”. Sobre isto, lembrou que o propio Goberno de España enviou informes á Comisión Europea na que retrasa esta data a 2022.
25, xaneiro, 2020. O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, sinalou ao PPdeG como “a gran maioría aberta a todos” os que prefiren moderación, coherencia e defensa dos intereses de Galicia. Unha gran maioría, engadiu, fronte as posicións extremas, a intransixencia, o sectarismo ou as imposicións minoritarias.
24, xaneiro, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, di que Pedro Sánchez, os seus ministros e os seus socios ratificaron esta semana as tres traizóns a Galicia: a do IVE, a do AVE e a do Estatuto electrointensivo. “Tres golpes que volven demostrar que este non é o Goberno central que a Comunidade merece nin necesita”, destacou.
Santiago, 22 de xaneiro de 2020.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, criticou hoxe que a negativa do Goberno de Pedro Sánchez a pagar a débeda de 370 millóns de euros que ten con Galicia responde a que “aproveita os cartos de todos os galegos para maquillar o seu déficit, pagar favores a outras comunidades afíns que lle renden pleitesía ou para atender os seus gastos extraordinarios”. “Gustaríanos saber que pensan os socialistas galegos deste roubo, porque sería unha traizón a Galicia que apoiaran esta decisión que pon os intereses do PSOE por enriba dos intereses e necesidades dos galegos”, apuntou.
22, xaneiro, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, esixiu ao Goberno de Pedro Sánchez que aprobe de forma inmediata o estatuto da industria electrointensiva “ou que vaia pensando en cesar á ministra de Transición Ecolóxica porque non fai o seu traballo”.
Santiago, 21 de xaneiro de 2020.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana dúas proposicións non de lei a través da que se demanda con urxencia ao novo Goberno central que convoque a Mesa das Pontes, para establecer a folla de ruta que garanta un futuro para as 750 familias que dependen da actividade da central térmica; e que flexibilice e simplifique a obtención de permisos de residencia e traballo para as parellas mixtas ou con fillos retornadas a Galicia e sen nacionalidade, así como a homologación dos seus títulos universitarios, o troco do carné de conducir ou suprima taxas de expedición do pasaporte ou doutra documentación requirida para o seu retorno.
Página 7 de 177

Síguenos nas redes sociais