23, febreiro, 2019.A vicevoceira parlamentaria do PPdeG, Paula Prado, fixo balance da política social da Xunta de Galicia transcurridos case dez anos dende a primeira vitoria electoral de Alberto Núñez Feijóo. Prado asegurou que a xestión do partido e do seu presidente deixan unha Galicia máis solidaria, con máis axudas publicas, e que non deixa atrás a ninguén. Tamén uns servizos públicos blindados, que medran e que gañaron en calidade tanto no ámbito da sanidade (máis dotada, máis áxil e con mellores ratios de efectividade) como da educación (que conta con máis recursos para potenciar o talento dos máis novos).
22, febreiro, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, indicou que nas vindeiras eleccións xerais cada voto de centrou ou dereita que non vaia ao Partido Popular satisfará a Pedro Sánchez e aos seus socios. Así, incidiu en que dividir o voto é dividir as forzas e é darlle máis posibilidades a Sánchez de repetir a súa combinación con Podemos, nacionalistas e independentistas.
23, febreiro, 2019. O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado, asumirá a coordinación das campañas das eleccións xerais, municipais e europeas, segundo acordou hoxe o comité de dirección do partido. Logo da súa designación, o dirixente popular agradeceu o reto encomendado e a confianza da súa formación, e dixo que o PPdeG traballará arreo para sacar a Pedro Sánchez da Moncloa, así como para levar a estabilidade que existe en Galicia aos 313 concellos galegos.   Tellado asegurou que “a campaña comeza hoxe e remata o 26 de maio”. Así, os populares explicarán por que o PP é a mellor opción para o Goberno de España fronte aos que tanto dano fixeron ao país en tan pouco tempo, por que o PP é a mellor opción para as alcaldías galegas fronte aos que queren rendelas á sede do PSOE en Madrid, de Bildu no País Vasco ou de Esquerra en Cataluña, e por que o PPdeG é a mellor opción para levar a voz dos galegos ás institucións comunitarias.   Nesta liña, considerou que os orzamentos xerais do Estado, as alianzas do BNG con Esquerra e con Bildu e as liortas internas de En Marea confirman que…
Santiago,  22 de febreiro de 2019.- O Parlamento aprobou hoxe unha iniciativa do PPdeG na que se insta a Xunta a dirixirse ao Goberno central para que teña en conta os efectos perniciosos que a suba das cotizacións á Seguridade Social terá sobre o persoal inscrito no Réxime Especial do Mar e corrixa esta modificación legal deixando sen efecto esta suba dos abonos ou ben que outorgue novos dereitos e beneficios que compensen ese incremento.  
Santiago, 22 de febreiro de 2019.- O Parlamento aprobou hoxe unha iniciativa do PPdeG encamiñada a que a Xunta demande ao Goberno central e a Comisión Europea a defensa e aplicación das mesmas condicións para o pescado importado das que lle esixen á conserva europea. Por outra banda, na mesma iniciativa tamén se pide a revisión da coherencia na aplicación das normas europeas reguladoras do comercio internacional e da pesca.
22, febreiro, 2019.  O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que, nesta última década, os populares galegos demostraron con feitos que o voto ao Partido Popular de Galicia é útil para mellorar a nosa Comunidade, para fortalecer a nosa industria e mudar o noso modelo produtivo, e para facer crecer a nosa economía e crear emprego.
Santiago, 21 de febreiro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, sen o apoio de En Marea, PSdeG e BNG, unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Ministerio de Fomento que defina o trazado do treito da A-57 entre A Ermida e Pilarteiros tendo en conta o diálogo cos afectados, a fin de que se adopte unha solución que sexa socialmente asumible e na que se teñan en conta as reivindicacións veciñais que sexan tecnicamente viables. Así mesmo, unha vez sexa acordado o trazado cos colectivos afectados, se demanda que se axilice a tramitación administrativa necesaria para levar adiante o proxecto.
Santiago, 21 de febreiro de 2019.- O deputado do Grupo Popular Moisés Rodríguez afirmou hoxe no Parlamento que a Xunta ten previsto realizar obras de mellora do cruce de Setados no concello de Crecente dentro da estratexia para a eliminación de treitos de concentración de accidentes, que conta cun investimento de 12,3 millóns de euros e un prazo de execución ata 2020.       Moisés Rodríguez explicou que o proxecto de mellora no punto quilométrico 9,980 da PO-400 prevé a construción dunha intersección en “T” co camiño municipal que conecta os núcleos de laxe a A Igrexa. As obras inclúen a urbanización de todo o ámbito coa renovación da pavimentación, sinalización e defensas adecuadas para repoñer todos os servizos necesarios.       EVITAR ACCIDENTES       “A Xunta está comprometida con facer todo tipo de melloras nas estradas da súa titularidade para evitar accidentes, priorizando aquelas que teñan maior intensidade de tráfico e perigosidade”, sinalou o deputado popular.     Neste sentido, lembrou que a Xunta ten realizado diversas obras de mellora na estrada PO-400, como a mellora da intersección no punto quilométrico 19,660 no concello de Arbo ou a adecuación do firme en antigos treitos desta…
Santiago, 21 de febreiro de 2019.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, incidiu hoxe no Parlamento que “a Xunta valorará a transferencia da titularidade da ponte de Catoira cando estea en perfecto estado e condicións óptimas logo dos traballos pendentes por parte das deputacións provinciais e A Coruña e Pontevedra”.

Síguenos nas redes sociais