Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

16, setembro, 2018. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, advertiu da “ameaza para a economía galega” que supón Pedro Sánchez na Moncloa, xa que “só pon dúbidas nas cuestións clave para Galicia”.
“Ramón Carballo non é candidato porque o pedise ou porque manobrase para chegar ou manterse. É candidato porque un partido e, sobre todo, unha cidade llo pediu”, sinalou, esta tarde, o presidente dos populares galegos no acto de presentación do candidato á Alcaldía de Lugo. Neste senso, Feijóo salientou que gobernar co apoio de tres partidos non significa gobernar o triplo de ben, senón “multiplicar por tres a parálise, a división e a seca de ideas e de propostas”.
14, setembro, 2018. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou esta mañá que se a Xulio Ferreiro lle queda un “mínimo de vergoña” debería pedir desculpas a todos os seus veciños e, “ou cesar aos dous concelleiros responsables, ou marcharse á súa casa”; xa que hai tempo que demostrou non ser un alcalde á altura de A Coruña.
Santiago, 13 de setembro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a estudar co Concello de Pontevedra as melloras necesarias na mobilidade, accesibilidade e seguranza viaria na estrada PO-264, entre o cemiterio e a ponte medieval de Ponte Sampaio.
Santiago, 12 de setembro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, co único voto favorable do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se esixe ao Goberno central igualdade de trato e consideración para as diferentes autoridades portuarias galegas en relación á de Valencia, nos termos relativos ao financiamento e asunción de débedas contraídas pola acometida de infraestruturas necesarias para a súa operatividade e competitividade.
Santiago, 12 de setembro de 2018.- A portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, demandou hoxe aos socialistas galegos “que se sumen á demanda do PPdeG para que o Goberno central avance no compromiso adquirido coas comunidades autónomas sobre o novo sistema de financiamento da dependencia e no incremento de fondos para poder cumprir o obxectivo de financiamento da Lei de dependencia”.
Santiago, 12 de setembro de 2018. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao  Goberno central que constitúa de inmediato o grupo de traballo, no que se integren as comunidades autónomas, para analizar o modelo de transición enerxética máis racional e sustentable, no que teñan cabida as centrais térmicas máis eficientes, como a de Meirama e As Pontes. O deputado popular Diego Calvo defendeu a apertura dun proceso de reflexión profunda, diálogo e consenso ante o anuncio da Ministra de Transición Ecolóxica do peche “exprés” das centrais térmicas cun primeiro prazo situado no ano 2020.
Santiago, 12 de setembro de 2018.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo defendeu hoxe no Parlamento que a Xunta valore, á maior brevidade posible, as suxestións propostas polo Defensor do Pobo respecto do Hospital Psiquiátrico de Conxo, acometendo as medidas de mellora que sexan necesarias para optimizar a atención aos pacientes.
Santiago, 11 de setembro de 2018. A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Novoa, salientou esta tarde no Parlamento a “necesidade” de baixar o prezo da electricidade, pero non da forma que propón En Marea, baixando o IVE da enerxía eléctrica”, xa que tal e como indicou, así “só prexudicaríamos a recadación de impostos que van dirixidos ás comunidades autónomas para a súa financiación, para a educación, para a sanidade...”. “Non vexo a bondade da súa iniciativa se, por un lado, piden baixar o IVE e por outro preténdese crear novos impostos como o imposto ao diésel”, dixo Novoa, quen indicou que con medidas deste tipo “o único que se consegue é crear incerteza nos usuarios, nas empresas e nos miles de traballadores do sector enerxético”.

Síguenos nas redes sociais