Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 31 de xullo de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe “a importancia da estabilidade política de Galicia”, que permitirá a aprobación mañá no Parlamento do teito de gasto para a elaboración dos orzamentos de 2018.
O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo presidiu este sábado a Xunta Directiva na que tanto o partido como o Goberno demostraron que “fixeron os deberes”, e reivindicou que seguirá cumprindo os seus compromisos, como nos primeiros nove meses de lexislatura.  Así, Feijóo subliñou que  “ningún galego pode negar que hai un Goberno que goberna e un Goberno que cumpre a súa palabra” e garantiu que “dentro dun ano Galicia estará mellor do que está hoxe”.
Santiago, 27 de xullo de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, e o deputado e conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, presentaron esta mañá a proposición de Lei de Fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia. “Queremos que os empresarios vexan unha Administración galega moderna e que da respostas para que ningún proxecto se quede no caixón por dificultades na súa tramitación, porque Galicia ten capacidade para atraer novos investimentos e competir cos países low cost”, manifestou Conde.
Santiago, 23 de xullo de 2017.- A portavoz de Emigración do Grupo Parlamentario Popular, Raquel Arias, amosou esta mañá en Monforte a súa preocupación pola “degradación” da situación política e social que se está a producir en Venezuela e lamentou que a violencia e a violación dos dereitos humanos “sexa habitual” nun país co que “Galicia mantén un forte vínculo”.
Santiago, 28 de xullo de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe na Deputación Permanente que nin a Lei de inclusión social, nin o traspaso da AP-9 nin o transporte público “son problemas sobrevidos” como para convocar un Pleno extraordinario e lembrou que dous deles aínda foron tratados na última sesión plenaria celebrada hai dúas semanas.
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, destacou a celebración “integradora” do Día de Galicia que defende o Partido Popular de Galicia fronte aos “nacionalismos secesionistas e populistas”.
Vilalba, 21 de xullo 2017.- O secretario xeral dos PPdeG, Miguel Tellado, participou este venres na ofrenda floral que, con motivo da celebración do Día de Galicia, os populares realizaron ante o busto de Manuel Fraga Iribarne en Vilalba, a localidade natal do fundador do partido. Neste acto, Tellado estivo acompañado da presidenta provincial do partido en Lugo, Elena Candia; o portavoz no Parlamento galego, Pedro Puy; o presidente nacional de Nuevas Generaciones, Diego Gago; e o alcalde da vila, Agustín Baamonde.
Santiago, 19 de xullo 2017.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, avanzou que, este venres 21 de xullo, o PPdeG celebrará o Día de Galicia realizando unha ofrenda floral na localidade de Vilalba ante o busto do fundador do partido, Manuel Fraga Iribarne, situado na súa vila natal. Neste acto Tellado tamén estará acompañado polo presidente de Nuevas Generaciones, Diego Gago, a presidenta provincial, Elena Candia, e o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy.
Santiago, 17 de xullo de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe que “botarlle a culpa ao Presidente da Xunta da non transferencia da AP-9 a Galicia é non entender a dinámica de traspasos neste momento en España nin as relacións que existen entre un goberno autonómico e o traspaso de competencias”. Neste sentido, indicou que “o lóxico sería manter a unidade de accións que pediu o Presidente da Xunta para este proxecto” e lamentou que as declaracións que están a realizar os grupos da oposición “non axudan” para conseguir o traspaso da AP-9.

Síguenos nas redes sociais