Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Aprobado en Comisión o ditame da proposición de lei para rebaixar o IVE dos produtos de hixiene feminina

07 Feb 2020

Santiago, 7 de febreiro de 2020.- A Comisión 3ª do Parlamento galego aprobou hoxe o ditame da proposición de lei, para presentar perante o Congreso dos Deputados, a través da que se solicita a rebaixa ao tipo superreducido do IVE dos produtos de hixiene íntima feminina. Deste xeito, este texto lexislativo queda pendente da súa aprobación definitiva en Pleno para a súa remisión á Cámara Baixa.

 

A deputada popular Jackeline Fernández lembrou que o PPdeG “foi sempre favorable a esta iniciativa, e non só nesta ocasión, senón todas as veces que se remitiu unha proposta destas características a este Parlamento”. Así, dixo que o  Grupo Popular xa apoiara unha proposición non de lei en 2016 na que se instaba á Xunta a negociar co Estado a rebaixa impositiva destes produtos e, “logo de que non tivera resposta esta demanda, o PPdeG incorporouna ao seu programa electoral no que, xunto á solicitude da baixada do tipo impositivo para os produtos de hixiene feminina, se estendía a demanda aos cueiros dos nenos e nenas recién nados”. Sobre esta última solicitude, Jackeline Fernández indicou que “temos rexistrada unha proposición de lei desde o mes de xaneiro”.

 

EVITAR QUE AS EMPRESAS CHEGUEN A ACORDOS

 

“Agardamos que esta modificación vaia adiante e se tome en consideración a nivel estatal, que é onde reside a súa competencia, e que por fin se remate o camiño da redución deste IVE ao tipo superreducido para estes produtos de hixiene feminina, que se iniciou alá polo ano 2002 cando o Partido Popular no Goberno central o rebaixou ao tipo reducido”, manifestou.

 

Jackeline Fernández explicou que no debate de ponencia incorporouse á proposición de lei unha transacción entre o Grupo Popular e o BNG co obxectivo de “evitar que as empresas do sector cheguen a determinados acordos de maneira encuberta, ben para fixar prezos ou para establecer certas condicións ou acordos comerciais, de xeito que eviten unha baixada efectiva e real dos prezos e nos prexudiquen a nós, as consumidoras destes produtos”.

Síguenos nas redes sociais