Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular asegura que a Xunta apoia a declaración do entroido de Viana do Bolo como festa de interese turístico nacional

06 Feb 2020


Santiago, 6 de febreiro de 2020.- O deputado do Grupo Popular Carlos Gómez Salgado asegurou hoxe no Parlamento que a Xunta apoia a declaración do entroido de Viana do Bolo como festa de interese turístico nacional, pero lembrou que corresponde ao Concello realizar todo o procedemento para a súa remisión ao Goberno do Estado.

 

Carlos Gómez salientou que o entroido de Viana do Bolo “é un dos máis importantes de Galicia, que cumpre todos os parámetros e ten todos os merecementos para ser considerado de interese turístico nacional”. Ademais, indicou que “estará incluído como ben de interese cultural ao ser un dos entroidos tradicionais de Galicia, gracias á proposición non de lei do Grupo Popular que foi aprobada o pasado ano”.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

 

“Se desde o Concello de Viana do Bolo dispoñen de todo o necesario, a Xunta emitirá informe positivo e tramitará o expediente para que o Goberno central declara o entroido desta localidade como de interese turístico nacional”, concretou.

 

Porén, o deputado popular lamentou que “a día de hoxe non se recibiu na Axencia de Turismo de Galicia documento algún ou memoria cos requisitos que ten que cumplimentar o Concello de Viana do Bolo respecto da declaración do entroido como festa de interese turístico nacional”.

 

En concreto, para proceder á súa tramitación, o Concello ten que remitir á Xunta unha memoria explicativa e un plan de difusión, certificando que se acadaron os impactos en prensa nacional e unha serie de accións comunicativas nas redes sociais.

Síguenos nas redes sociais