Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular apoia que a Xunta realice unha proposta para a retirada e tratamento en terra dos lodos procedentes da dragaxe do Lérez

15 Ene 2020

Santiago, 15 de xaneiro de 2020.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta a Xunta a realizar unha proposta para a retirada e tratamento en terra dos lodos procedentes da dragaxe da canle do río Lérez que pola súa potencial carga contaminante ou prexudicial non sexan susceptibles de ser utilizados para a rexeneración doutras zonas da ría.

 

O deputado popular Jacobo Moreira asegurou que “a dragaxe do Lérez está a seguir o curso habitual que seguen este tipo de obras, cumprindo escrupulosamente todos e cada un dos pasos que establecen as normativas nacional e internacional”. “Esta dragaxe é unha demanda histórica feita polo sector e para o sector, e trátase dunha intervención complexa que se dilatou no tempo precisamente pola necesidade de dar cumprimento a toda esa normativa e levalo a cabo con todas as garantías”, anotou.

 

MAIORÍA DE ÁRIDOS INÓCUOS

 

Moreira lembrou que “na maior parte da zona a dragar son áridos inocuos que non entrañan problemas dende o punto de vista medioambiental”. De feito, apuntou que “os áridos de mellor calidade depositaranse na zona de Campelo para mellorar o seu substrato areoso e mellorar a produtividade nesa área, unha actuación consensuada coas tres confrarías da zona implicadas; mentres que os áridos que non poidan ter usos produtivos son os que se depositarán no fondo mariño do punto que habilite a Administración Xeral do Estado”.

 

“En caso de atopar áridos que presenten contaminación e sexan incompatibles con eses dous destinos, trataranse en terra dentro dun proceso de valorización ou envío a un vertedoiro, polo que en ningún caso acabarían lodos contaminados no mar, nin sequera en augas exteriores da ría”, afirmou.

 

ACORTAR OS PRAZOS

 

Diante desta situación, Jacobo Moreira explicou que “Portos de Galicia iniciou o pasado mes de novembro o expediente de contratación dunha nova caracterización dos áridos e da batimetría para unha segunda tramitación ambiental, motivada polo cambio no punto de vertido”.

 

“Portos de Galicia intentará acortar os prazos de tramitación na medida do posible, pero haberá que retomar os pasos para a declaración de impacto ambiental, polo que se incluirá unha exposición pública, que ademais contribuirá a darlle total transparencia ao proceso”, indicou o deputado popular.

Síguenos nas redes sociais