Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Ana Belén García Vidal substituirá a Beatriz Mato como deputada no Grupo Popular

15 Ene 2020

Santiago, 14 de xaneiro de 2020.- A deputada do Grupo Popular Beatriz Mato Otero formalizou esta maña, na primeira xuntanza que celebrou a Mesa do Parlamento galego no 2020, a súa renuncia ao escano na Cámara galega.

 

O seu lugar no Grupo Popular será ocupado pola seguinte candidata na lista do PPdeG pola provincia de A Coruña nas eleccións autonómicas de 2016: Ana Belén García Vidal. Natural de Bergondo e residente en Noia, García Vidal é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e foi concelleira no Concello de Noia entre os anos 2015 e 2019.

Síguenos nas redes sociais