Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Teresa Egerique subliña que a Xunta “é a administración que máis investiu en Vigo nos últimos dez anos”

29 Nov 2019

Santiago, 27 de novembro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique lamentou hoxe que o alcalde de Vigo “utilice á cidade como vítima política dun enfrontamento e do odio persoal que ten ao Presidente da Xunta”. “Abel Caballero non entende que a cooperación e a lealdade institucional, e dicir a verdade é fundamental en política, e debería recoñecer que a Xunta é a administración que máis investiu en Vigo nos últimos dez anos”, engadiu.

 

Logo das declaracións realizadas esta mañá por Caballero en Madrid, Teresa Egerique salientou que “o Goberno de Feijóo leva investidos en Vigo máis de mil millóns de euros, e só o destinado ao Hospital Público Álvaro Cunqueiro é o presuposto do Concello de Vigo durante 14 anos”. “Pero a esta importante obra, que conseguiu mellorar a asistencia sanitaria de todos os veciños de Vigo e a súa comarca, a pesar das trabas que puxo Abel Caballero desde o Concello para a súa construción, hai que sumar importantes obras, como a nova Cidade da Xustiza, a nova depuradora, a construción ou mellora nos centros de ensino, a futura residencia da terceira idade, entre outras moitas”, indicou.

 

“Abel Caballero debería deixar a un marxe este mantra e darse conta das sombras que ten a súa política municipal”, demandou a deputada popular. Neste sentido, indicou que “Vigo é a cidade con menos gasto social por habitante, estamos sen un plan xeral que dea seguridade ás nosas empresas e industrias, e seguimos sen un sistema que garanta o abastecemento de auga á nosa cidade en épocas de seca pola irresponsabilidade deste alcalde para asumir as súas competencias, por poñer só uns exemplos importantes das carencias que persisten nesta cidade”.

 

Egerique sinalou que “Abel Caballero non pode apropiarse da cidade de Vigo e non ten lexitimidade para insultar e menospreciar ás outras administracións e aos seus responsables, porque debería ter presente que para mellorar a cidade e o benestar dos seus veciños é necesaria a cooperación e a lealdade institucional”.

Síguenos nas redes sociais