Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O PPdeG demanda acordos entre a Xunta e deputacións para prestar o servizo de extinción de incendios e salvamento nas zonas de sombra

28 Nov 2019

Santiago, 27 de novembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se demanda á Xunta que desenvolva a Lei de emerxencias en todas aquelas cuestións pendentes de planificación e desenvolvemento normativo, estudando e acordando solucións con outras administracións públicas para prestar con garantías o servizo de extinción de incendios e salvamento nas zonas de sombra nas que os tempos de resposta superen os 20 minutos.

 

 

En concreto, a iniciativa solicita acordar coa Deputación de Pontevedra e cos concellos unha proposta para prestar este servizo nos concellos de Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Ponte Caldelas, A Lama e Moraña, reducindo sensiblemente os actuais tempos de resposta.

 

A deputada popular Maribel Novo lembrou que a lexislación vixente “outorga a competencia en materia de emerxencias e extinción de incendios ás deputacións provinciais nos concellos de menos de 20.000 habitantes, correspondendo á Xunta a superior coordinación e dirección”.

 

Deste xeito, a Xunta impulsou un grupo de traballo no seo da Comisión Galega de Protección Civil para a mellora da cobertura de emerxencias en toda Galicia, “e unha das principais medidas a atender foi a necesidade de ampliar o rango de actuación dos parques de bombeiros das cidades”. “Esta iniciativa foi apoiada por todas as deputacións provinciais galegas, coa excepción da de Pontevedra, que no chegou a formular alternativa algunha”, sinalou.

 

Por este motivo, Maribel Novo pediu ao BNG que “non utilice as emerxencias para facer unha confrontación entre a Xunta e a Deputación de Pontevedra, porque o que queren os concellos é un servizo adecuado e para iso é necesaria a colaboración entre todas as administracións”.

 

“A Xunta considera prioritario atender as áreas do mapa que están na sombra, pero as comarcalizacións dos parques debe facerse con acordos entre as administracións”, manifestou. Neste sentido, indicou que “procede o estudo do modelo de reordenación para axustar o actual mapa dos servizos de atención ás emerxencias, en desenvolvemento da Lei 5/2007, para acadar os acordos  necesarios no marco dos grupos e comisións xa creadas”.

Síguenos nas redes sociais