Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular demanda coherencia ao BNG para que non critique agora o que propuxo para a Illa de San Simón cando gobernaba na Xunta

22 Nov 2019

Santiago, 21 de novembro de 2019.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos criticou hoxe que o BNG “pretende facer unha emenda á totalidade á súa propia biografía política variando totalmente o que propuxo para a Illa de San Simón cando gobernaba na Xunta”, polo que demandoulles “coherencia, porque o actual Goberno galego está a cumprir as concesións de uso desta illa, que determinan os usos culturais e docentes, e fundamentados sobre os principios de gratuidade e acceso público”.

 

Alberto Pazos rexeitou “o uso partidista deste espazo” por parte dos nacionalistas galegos e sinalou que “non debemos frivolizar con estes lugares históricos”.

 

No debate dunha proposición non de lei do BNG sobre os usos da Illa de San Simón, o deputado popular lembrou o Plan de xestión deste enclave da ría de Vigo elaborado polos nacionalistas cando gobernaban na Xunta e no que se recollían numerosos aspectos relacionados coa comercialización e as actividades a realizar neste recinto.

 

“É incrible que agora critiquen o que vostedes mesmos aprobaron cando gobernaban, facendo unha emenda á totalidade da súa xestión política”, sinalou o deputado popular. En concreto, anotou que “o BNG critica agora a cesión deste espazo a empresas, cando no seu momento eles desenvolveron un plan completo de comercialización no que se contemplaba a explotación por parte de organizacións con ánimo de lucro”.

 

USOS CULTURAIS E DOCENTES

 

Pazos subliñou que “todas as actividades que se realizan na Illa de San Simón corresponden a usos culturais e docentes, dentro do obxectivo da Xunta de democratizar e fomentar o acceso a este enclave a través dunha morea de actividades que dean a coñecer de xeito gratuíto as instalacións e aproveiten o excepcional contorno natural para levar a cabo propostas culturais atractivas para o público”.

 

Pero, a maiores, a Illa de San Simón tamén se cede para o uso de terceiros e o acollemento de actividades culturais permitidas polo acordo de cesión. “Este é o caso de actividades como o festival de música Sin Sal ou o campamento de formación para nenos Fiddel Camp, especializado en formar a mozos músicos combinando as actividades musicais co tempo libre”, concretou.

 

Neste sentido, Alberto Pazos criticou a incongruencia do BNG, que “no Parlamento galego se opoñen á cesión da Illa de San Simón para actividades como o festival Sin Sal, pero por outra parte están a apoialo a través da Deputación de Pontevedra”.

Síguenos nas redes sociais