Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular defende manter o imposto sobre o patrimonio, pero alerta da mobilidade de contribuíntes polas exencións existentes noutros lugares

21 Nov 2019

Santiago, 19 de novembro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe no Pleno que “en Galicia se mantén o imposto sobre o patrimonio coa tarifa establecida polo Goberno socialista de Zapatero”, pero alertou sobre a mobilidade de contribuíntes que está a provocar a exención deste gravame ou as mellores condicións que ofertan en lugares como Madrid ou Portugal.

 

No debate na sesión plenaria dunha proposición de lei sobre o imposto ao patrimonio, Pedro Puy explicou que este gravame “parte do fundamento de que a maior riqueza, maior renda e maior capacidade de pago”. “Desde xeito, este imposto grava a riqueza, establece un maior control da renda e incentiva o uso do patrimonio improdutivo”.

 

PROBLEMAS

 

“Pero ten algúns problemas, como a valoración dos bens afectados; o coñecemento dos valores patrimoniais, xa que existen moitos intanxibles, como arte ou xoias; e porque hai moitos valores que é difícil coñecer e que fluctúan ao longo do tempo”, manifestou o portavoz popular. Ademais, sinalou que “nun sistema federal os criterios de valoración difiren entre os distintas comunidades autónomas e existe o problema da mobilidade, como acontece no caso de Madrid, onde non se paga este imposto e está a atraer aos contribuíntes con maior riqueza; ou en Portugal, que oferta actividades compensatorias para quen realiza un investimento no país e onde non existe no imposto sobre o patrimonio”.

 

Na súa intervención, Puy lembrou que “o Goberno socialista de Zapatero suprimiu o imposto do patrimonio en 2008, pero viuse obrigado a recuperalo en 2011 como consecuencia da crise e a necesidade de incrementar a recadación fiscal”. No caso de Galicia, sinalou que “o pasado ano volvemos á situación inicial, unha vez superada a crise económica, e puxemos a taxa vixente a nivel estatal”, ao tempo que este imposto “foi eliminado en toda a Unión Europea, o pasado ano en Francia”.

Síguenos nas redes sociais