Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular salienta que os orzamentos da Xunta aunan aumento do gasto, rebaixas fiscais e reforzo das políticas sociais e o investimento

21 Nov 2019

Santiago, 18 de novembro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe no Pleno do Parlamento que os orzamentos da Xunta para 2020 “continúan medrando, cun aumento do gasto compatible con rebaixas fiscais aos cidadáns, reforzando as políticas sociais e o investimento, e mantendo a senda do déficit e a débeda.

 

Pedro Puy salientou na súa intervención o feito de que “é a primeira vez que o líder da oposición no Parlamento non participa no debate de orzamentos, cousa que si fixeron Beiras, Touriño, Feijóo, Pachi Vázquez e Luis Villares”, e sinalou que “hai quen se enfronta ás súas responsabilidades e quen non as asume”. Así mesmo, Puy aproveitou a situación para desexar ao portavoz do Grupo Socialista “sorte nas súas novas obrigas” no Senado, ao tempo que apuntou que esperaba que “non se producira no Grupo Socialista o dito de que cando o rigor sae pola porta, o populismo entra pola fiestra”.

 

ORZAMENTOS EN TEMPO E FORMA

 

“En primeiro lugar, quixera felicitar ao conselleiro e a todo o equipo da Consellería de Facenda polo feito de presentar, un ano máis, os orzamentos da Comunidade galega en tempo e forma, afrontando as súas responsabilidades, a pesar das dificultades que supón a falta de pago polo Goberno central dos 700 millóns de euros que debe a Galicia e que se leve 16 meses sen convocar o Consello Fiscal de Política Fiscal e Financeira”.

 

O portavoz popular indicou que os orzamentos da Xunta para 2020 medran en 300 millóns de euros “como resultado da boa marcha dunha economía que saíu da crise pero que, logo da moción de censura socialista e os problemas dos aranceis internacionais, vive unha etapa de desaceleración; e pola boa xestión financeira por parte dun goberno estable na Xunta de Galicia, que traballa coas necesidades do momento, co cumprimento da normativa europea de sostenibilidade e coa confianza da sociedade galega, consciente de que o rigor no gasto non supón un atallo para o benestar”.

 

Neste sentido, destacou que “Galicia é a comunidade na que máis medrou o PIB per cápita desde 2008; levamos seis anos consecutivos de crecemento e nos últimos catro anos a media de crecemento foi do 2,7 por cento, por enriba do 2,5 por cento de España; e o paro reduciuse nun 21,7 por cento desde 2009, incrementando en 100.000 o número de afiliados á Seguridade Social”. “E todo isto acompañado no ámbito social de que a cifra de fogares con moita dificultade para chegar a fin de mes é a máis baixa da serie histórica e a taxa de igualdade supera a media española e europea”, apuntou.

 

CUMPRIR A NORMATIVA

 

Puy salientou que a Xunta “cumpre constantemente a normativa de sostenibilidade e sustentabilidade da Unión Europea”, algo que a oposición criticou no debate a pesar de que o recente pacto asinado entre o PSOE e Podemos recolle no seu punto 10 o “impulso ás políticas sociais e novos dereitos con arranxo aos acordos de responsabilidade fiscal de España con Europa”.

 

No ámbito dos ingresos previstos nos orzamentos, o portavoz popular referiuse á “continuidade na política de rebaixas fiscais selectivas, que xa benefician ao 97 por cento dos galegos con rendas máis baixas e suben para o 1,5 por cento dos galegos con rendas máis altas”.

Respecto dos gastos previstos nos orzamentos, Pedro Puy subliñou que “as prioridades son a sanidade, a educación e as políticas sociais”, todo isto “sen incremento da débeda da comunidade”.

Síguenos nas redes sociais