Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular considera “imprescindible que o Goberno central elimine a taxa de reposición de profesionais na sanidade pública”

13 Nov 2019

Santiago, 13 de novembro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo considerou hoxe “imprescindible que o Goberno central elimine a taxa de reposición de profesionais na sanidade pública, de tal xeito que poidan ser ofertadas por cada comunidade autónoma todos os postos que as necesidades asistenciais están a demandar”.

 

“O preocupante é que o Goberno central non exerza as súas competencias, nin adopte accións que axudarían ás comunidades autónomas a afrontar o déficit de profesionais e acadar maiores taxas de estabilidade”, sinalou Encarna Amigo.

 

Na súa intervención no Pleno do Parlamento, a deputada popular salientou que o SERGAS, “en plena crise e ano tras ano, continuou convocando oposicións, non deixando de executar ofertas públicas de emprego desde o ano 2012 ata o presente 2019 ata achegarse ás 6.000 prazas”.

 

CERCA DE 2.400 NOVAS PRAZAS ESTE ANO

 

“En concreto, neste ano 2019 ofertáronse 1.314 prazas da oferta pública de emprego, e o propio conselleiro xa ten anunciado unha nova oferta coa convocatoria de 1.057 prazas no sistema sanitario galego para o próximo mes de decembro”, sinalou.

 

Encarna Amigo salientou, ademais, o Plan de estabilidade do emprego e provisión de prazas de persoal estatutario, a través do que 800 profesionais eventuais convertéronse en interinos; ou o pacto de selección temporal asinado coas organizacións sindicais, así como o pacto específico asinado cos mesmos sindicatos que incorpora aos FEAS ao sistema de listas de selección temporal.

Síguenos nas redes sociais