Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Feijóo pide unir o voto no PP para que haxa Goberno e xestión ante un Sánchez cada vez máis parecido a Zapatero no económico

06 Nov 2019

6, novembro, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu en Lugo unir o voto no Partido Popular para que haxa Goberno, xestión e compromiso con Galicia ante un Pedro Sánchez cada vez máis parecido a Zapatero no ámbito económico. Así, avogou por evitar que a España que vén despois do próximo domingo se converta naquela España da crise e da recesión.

Segundo manifestou, non hai por que esperar a que o deterioro da economía sexa maior nin a que os traballadores de Alcoa, As Pontes ou o sector forestal perdan o seu emprego para dar unha alternativa. Asegurou que unha política distinta é posible e que “é a política seria a que merece a pena”. Por iso, pediu o voto a favor do cambio unindo o voto do centro-dereita, para evitar que a España do 2024 sexa unha España en deterioro e en profunda recesión económica.

 

GALICIA NON É ALLEA Á SITUACIÓN DE ESPAÑA

No seu discurso, o líder do PPdeG lamentou que España se teña que enfrontar aos seus peores datos de paro nos últimos sete anos, o que motivou que o PSOE non quixera que se soubesen as cifras para a celebración do debate electoral. Como apuntou, Galicia non é allea á situación do país nin ás decisións e á falta de decisión do Goberno que tanto están danando a nosa industria, polo que advertiu dos perigos de volver ocultar a realidade e de relativizar outra vez o que sucede. Nese senso, recordou que xa hai precedentes de intentos similares e que os resultados xa os coñecen todos os españois porque os padeceron.

 

A INESTABILIDADE E A INACCIÓN DO GOBERNO DO PSOE

Como indicou Feijóo, levamos meses sen falar do que importa, como o emprego, a economía, as pensións e o avance do país; e volveu incidir en que España necesita estabilidade, xestión, rigor e experiencia.

 

A efectos da política nacional, o presidente aseverou que o país está parado, hai inestabilidade e inacción por parte do Executivo central. Pola contra, asegurou desde a Comunidade estase a facer todo o posible para compensar todo isto -a Xunta aproba presupostos, cumpre coas obrigas e xestiona e impulsa medidas en todos os ámbitos-.

 

Na mesma liña, remarcou que a campaña electoral detén a labor institucional pero non os problemas, as incertezas na nosa industria, a paralización de infraestruturas clave como o AVE, nin os efectos da inestabilidade e da parálise do Goberno que, como moito, os retén todo o que pode como fixo cos datos do paro no debate electoral.

 

No que respecta a Alcoa, dixo que os traballadores seguen agardando por unha solución mentres a situación empeora. Un problema, indicou, que non se pode aprazar máis. Así, o líder do PPdeG pediu “seriedade” e recordou que no pasado mes de abril Pedro Sánchez se comprometera a que despois eleccións se faría a proposta de control dos prezos da luz e que estamos no mes de novembro sen ter nada: “Galicia non pode permitirse perder esta fábrica, xa que Galicia estaría nunha situación de bloqueo e a provincia de Lugo tería o batacazo máis importante na súa industria en décadas”.

Síguenos nas redes sociais