Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Tellado di que, se en Europa hai 100 centrais térmicas funcionando, o Goberno debe atopar unha solución para As Pontes

16 Oct 2019

16, outubro, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, dixo que, se quixese, o Goberno de Sánchez podería adoptar unha solución para evitar o peche inmediato da central das Pontes xa que ten ao seu alcance instrumentos fiscais que permitirían que as plantas térmicas do noso país volveran ser competitivas como fixeron os executivos de Francia, Alemaña ou Reino Unido. “A día de hoxe hai en Europa máis de 100 centrais térmicas funcionando. Non queremos ser máis que ninguén pero tampouco menos”, destacou.

 

O número dous dos populares galegos, que participou na manifestación dos traballadores da central das Pontes celebrada en Madrid, insistiu en que o seu partido e o Goberno autonómico traballan para que a planta poida seguir funcionando ata o 2045, pois estaba cumprindo coas súas obrigas.

 

“Lamentamos a situación na que se atopan as familias que dependen da central, que estaba a realizar un investimento de máis de 200 millóns de euros para adaptarse á nova normativa comunitaria de control das emisión contaminantes e podía manter a súa vida útil ata o ano 2045”, manifestou Tellado mentres lembraba que se iso non é posible é porque “o Goberno do candidato Sánchez o que quixo é pechar de forma abrupta e inmediata as centrais térmicas do noso país”.

 

Como salientou, os populares galegos van defender o futuro dos 750 traballadores que se ven ameazados por una decisión do Executivo socialista así como o das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. “Desde Galicia non estamos de acordo nin imos admitir esta situación”, engadiu.

 

Tellado, que responsabilizou directamente ao Goberno de Sánchez de asfixiar ás térmicas ata fozar o seu peche, afeou que a situación estea nas mans dunha “ministra da intransixencia ecolóxica” á que non lle interesan os postos de traballo e que non opta por unha transición ecolóxica xusta pola que si apostan os populares.

 

Así mesmo, tamén denunciou o cinismo e a hipocrisía de formacións “que hoxe están detrás das pancartas a carón dos traballadores pero que no Parlamento galego pediron o peche das centrais”, referíndose a Podemos, ás Mareas e ás súas confluencias, que levaron a cabo unha política cómplice coas decisións de Sánchez.

Síguenos nas redes sociais