Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular demanda axilidade ao Concello de Porriño na cesión dos terreos necesarios para a ampliación do centro de saúde

19 Sep 2019

Santiago, 19 de setembro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo demandou hoxe no Parlamento “axilidade ao Concello de Porriño para que proceda á cesión dos terreos necesarios que fagan posible a ampliación do centro de saúde”.  “Cando hai vontade, seriedade para asumir as responsabilidades e se compren os compromisos as obras chegan a bo termo, como esperemos aconteza co centro de saúde de Porriño”, manifestou.

 

Encarna Amigo asegurou que a ampliación deste centro de saúde “é unha obra que conta con partida nos orzamentos da Xunta para 2019, xunto coa construción e mellora doutras 19 centros de saúde en toda Galicia”.

 

Deste xeito, lembrou que “o pasado 3 de setembro asinouse o convenio de cooperación entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Porriño para a execución das obras de ampliación deste centro de saúde, co compromiso por parte dos responsables locais de ceder os terreos necesarios para esta actuación”.

 

OS FEITOS FALAN POR SI SOLOS

 

A deputada popular subliñou, ademais, que o 19 de agosto publicouse o procedemento de contratación dos servizos de redacción do proxecto básico e de execución e da dirección da obra de ampliación e reforma do centro de saúde de Porriño. “Os feitos falan por si solos e o compromiso da Xunta coa mellora da atención sanitaria aos veciños deste concello é patente”, indicou.

 

Amigo manifestou que “a Xunta traballa actualmente na construción ou reforma dun total de 25 centros de saúde, que beneficiarán a cerca de 310.000 cidadáns, dos que gran parte están xa en obra, licitados ou en fases previas á licitación”.

Síguenos nas redes sociais