Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Tellado ve ao PPdeG como garantía de crecemento fronte á “parálise” do Goberno central

15 Sep 2019

15, setembro, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, destacou este domingo que o seu partido é unha “garantía de crecemento” fronte á “parálise” que leva supoñendo o Goberno central desde a moción de censura do 2018. Así, incidiu que “a Xunta traballará polos galegos ata o último día desta lexislatura, pese a que Pedro Sánchez non o fixese nin un só desde que está na Moncloa”.

 

De feito, Tellado lembrou que a Administración autonómica está traballando para buscar solucións a problemas creados polo socialistas. “No que ten que ver cos 700 millóns que nos debe o Goberno Sánchez, presentamos un informe que demostraba que era posible e legal pagar esta débeda; e agora ofrecemos un decreto-lei xa redactado para poder facer efectivo ese pago”, subliñou, para insistir en que os cidadáns non poden pagar pola incapacidade do partidos da esquerda para gobernar e chegar a acordos.

 

Do mesmo xeito, o número dous dos populares galegos lamentou os “ataques continuados” ás industrias da Comunidade por parte do Executivo socialista. Así, advertiu arredor  do impacto que o dieselazo e a política contra os motores de combustión está a ter na venda de coches e na súa fabricación, un sector que é o principal motor económico da área metropolitana de Vigo. Do mesmo xeito, lembrou que outros como o naval, as electrointensivas, as centrais térmicas ou o forestal están vendo moi comprometida a súa actividade polas posicións do Goberno Sánchez.

 

UNIÓN PARA DARLLE ESTABILIDADE ÁS INSTITUCIÓNS

O secretario xeral, ante máis de 800 afiliados e simpatizantes do partido en Mos, puxo a este concello como exemplo de que “os populares propoñémoslle un pacto aos veciños e eles dannos a súa confianza para traballar nas institucións e darlles estabilidade”.

 

Deste xeito, lembrou que desde a unión, a transversalidade e a moderación poden conseguirse maiorías absolutas nas que se vexa representada unha parte ampla da sociedade. “Esa aposta por gobernar desde a centralidade para todo o mundo é un dos maiores sinais de identidade deste partido”, reivindicou.

 

Pola súa banda, tamén insistiu na idea de que “a esquerda galega comezou este curso político máis dividida, con menos proxecto e con menos liderado ca nunca”, polo que apelou á necesidade de que Galicia siga sendo un territorio de referencia a nivel nacional en estabilidade e gobernabilidade.

 

A DESLEALDADE DOS SOCIALISTAS

Ante as preguntas dos medios de comunicación, o secretario xeral volveu lamentar a actitude e as declaracións de Javier Losada, xa que entende que “o primeiro que debería pedir o que Galicia precisa é o delegado do Goberno na comunidade”. En cambio, Tellado di que Losada “entende que o seu papel é facerlle a pelota a Pedro Sánchez e xustificar o inxustificable e mostrar unha actitude partidista”.

 

“É evidente que o Goberno de España está actuando con deslealde cara Galicia, a mesma que están a demostrar os socialistas galegos”, recalcou, para insistir en que “tanto Javier Losada como Gonzalo Caballero deben saber que os galegos teñen memoria e non van esquecer o que está facendo nin o Goberno nin o PSOE”. Así, concluíu que o cartel electoral de Caballero para as autonómicas vai ser o de non ter defendido os intereses de Galicia cando foi preciso.

Síguenos nas redes sociais