Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular demanda ao Goberno do Estado unha mellora das bolsas para os estudantes universitarios

11 Sep 2019


Santiago, 11 de setembro de 2019.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, demandou hoxe ao Goberno do Estado “unha mellora das bolsas para estudantes universitarios, xa que leva dúas convocatorias sen modificar absolutamente nada”. Así mesmo, salientou que a Xunta “leva unha década colaborando coas universidades galegas no proceso de mellora da oferta de titulacións, adaptándoas á realidade de Galicia dun xeito consensuado”.

 

Martín Fernández explicou que “o alumnado universitario recibe as bolsas polo que se publica no BOE, polo que é preciso instar ao Goberno do Estado e non á Xunta”. “O Goberno galego sempre realiza convocatorias de axudas complementarias para cubrir os ocos que deixa o Estado, non para substituír ou facerlle competencia, porque é o Goberno central o que ten as competencias, os recursos e o persoal”, engadiu.

 

RACIONALIZACIÓN DAS TITULACIÓNS

 

Así mesmo, o portavoz popular subliñou que a Xunta “leva unha década colaborando coas tres universidades galegas no proceso de mellora da oferta de titulacións co obxectivo de asegurar a calidade da formación en Galicia”. Este acordo está baseado na racionalización das titulacións e a especialización e fíxose a través dun mapa de titulacións.

 

Fernández Prado indicou que a oferta académica para o presente curso 2019-20 supón a implantación de catro novos graos, sete máster e un programa de doutoramento nas tres universidades galegas, así como o aumento de prazas en nove graos universitarios.

 

“Ademais, o Plan de Excelencia Universitaria dispón dunha liña de actuación orientada á definición dos perfís profesionais de futuro, unha actuación que se está a facer en colaboración con expertos das universidades para definir os títulos do futuro”, sinalou.

 

O portavoz popular dixo que o indicador esencial para comprobar a adaptación da formación ás necesidades da sociedade é a taxa de transición de egresados dun curso académico que cursan un máster oficial ao ano seguinte. Neste sentido, salientou que “Galicia é a terceira comunidade española co maior número de alumnos que cursan un máster oficial, 4,5 puntos por enriba da media nacional”.

Síguenos nas redes sociais