Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Paula Prado: “O Goberno de España veranea estando en funcións coa chequera de todos os galegos”

14 Ago 2019

Santiago, 14 de agosto de 2019.-  A viceportavoz do Grupo Popular Paula Prado indicou nas declaracións aos medios de comunicación que “o Goberno de España veranea estando en funcións coa chequera dos galegos, cunha chantaxe intolerable  baseada no apoio á investidura ou os cidadáns se quedan sen sanidade ou educación, e eso é intolerable”.

Para Paula Prado  o PSOE basa a súa estratexia electoral en Galicia en asfixiar á Xunta e obligala a facer recortes ante o que “ é inaceptable que a esquerda galega se poña do lado de Ferraz e a súa estratexia electoral e non do lado dos galegos e das galegas e non esixir a devolución dos 700 millóns de euros”.

 

A viceportavoz popular indicou que o delegado do Goberno “minte cando dí que no 2018 foi a mesma situación que agora xa que Rajoy sí aprobou o presuposto, fíxoo uns meses máis tarde do previsto, entrou en vigor en verano, e se actualizaron a entregas a conta máis tarde, pero se actualizaron pero agora estamos no 2019 e non hai orzamento e non o vai haber e iso xa se sabía en febreiro pero o Goberno non fixo nada para resolver as actualizacións das entregas a conta, tendo en conta que desde febreiro a abril o Goberno non estivo en funcións e adicouse a aprobar os venres sociais”.

 

Preguntada pola proposta do Goberno sobre a xestión das vías de altas prestacións, Paula Prado indicou que “soprende que o Goberno anuncia a súa intención de regular un asunto de tanto calado estando en funcións, ao mesmo tempo que usa esta situación como escusa para manter bloqueados outros asuntos urxentes.

 

A viceportavoz popular indicou que se o Goberno quere opinión sobre un novo modelo de xestión de vías de altas prestacións debe presentar unha proposta concreto pois ata o de agora o que fixo foi lanzar un globo sonda sobre o que non é posible opinar. “A Xunta ten claro que unha minoría de españois non poden pagar peaxes tan caros cando a maioría non paga nada” indicou a viceportavoz popular.  

Síguenos nas redes sociais