Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Marta Rodríguez: “sentido de Estado é que o Goberno do Estado non teña o desprezo institucional co Goberno que representa a todos os galegos”

09 Ago 2019

Santiago, 9 de agosto de 2019.-  A voceira adxunta do Grupo Popular Marta Rodríguez Arias replicou hoxe as declaracións do delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, indicando que “sentido de Estado é que o representante ordinario do Estado en Galicia e o seu Goberno democrático, en exercicio das súas competencias, non teña o desprezo institucional que está a amosar nas últimas 72 horas, co visto bó da sucursal do Goberno en Galicia, que é no que se está a converter a delegación do Goberno na nosa Comunidade”.

 

Deste xeito Marta Rodríguez indicou que a petición do delegado do Goberno de “sentido de Estado para colaborar co Goberno “ ao presidente da Xunta “cae polo seu propio peso, xa que, á lista de agravios do Goberno socialista con Galicia estase unindo un desprezo institucional sen precedentes do que é cómplice necesario en Galicia o delegado do Goberno que non só non apoia as reclamacións galegas senón que aplaude o ninguneo ao Goberno lexítimo que representa a todos os galegos”.

 

A vicevoceira popular lamenta as declaracións do delegado do Goberno en Galicia e que “traten de converter aos galegos en vítimas do bloqueo político e institucional do Executivo central para facerlle oposición á Xunta nunha estratexia electoral sen precedentes, utilizando a chantaxe política para que Galicia reciba os 700 millóns de euros que lle adebeda o Goberno de Pedro Sánchez e que  tanto necesita para atender os servizos fundamentais á poboación”.

Síguenos nas redes sociais