Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Adrián Pardo lamenta o uso partidista na defensa da igualdade e pon á Xunta como referente na loita contra a violencia de xénero

17 Jul 2019

Santiago, 17 de xullo de 2019. O presidente de Novas Xeracións, Adrián Pardo, destacou que a defensa da igualdade “é unha loita na que debemos participar todos, independentemente de ideoloxías ou de xéneros”, polo que avogou por afastarse dos que a usan de forma partidista.

Pardo, que estivo acompañado da coordinadora xeral, Eugenia Vizcaíno, incidiu en que “a igualdade non só se defende detrás de pancartas, senón con feitos”. Por iso, resaltou que Galicia é hoxe pioneira en materia de igualdade e na loita desta lacra social grazas a medidas emprendidas na última década, tales como a personación da Xunta nos procedementos penais en casos de morte, a constitución do Observatorio da Violencia de Xénero ou as novas aplicacións móbiles EscAPP e Agresión OFF, así como tamén a asistencia integral a orfos vítimas de violencia de xénero.

 

O presidente de Novas Xeracións de Galicia remarcou que o Executivo de Feijóo inviste en igualdade e na loita contra a violencia de xénero un 67% máis que o que investía o bipartito: “Nunca en Galicia se adoptaron máis medidas a favor da igualdade real e efectiva das mulleres que cos Gobernos do PPdeG”.

GALICIA, EXEMPLO EN MATERIA DE IGUALDADE

Do mesmo xeito, fixo referencia ao mercado laboral como factor clave na procura da igualdade, salientando que en Galicia hai hoxe máis mulleres afiliadas á Seguridade Social que nunca -2018 pechouse coa cifra máis alta da nosa historia- e destacando que o 80% traballan a xornada completa e máis do 70% cun contrato indefinido. Dixo que a taxa de paro é 3,5 puntos menor en Galicia que a media nacional e que a nosa comunidade é a segunda con maior ritmo de incremento dos salarios das mulleres na última década.

 

Pardo tamén sinalou a importancia de educar aos máis novos en igualdade e sen estereotipos, factores fundamentais, apuntou, para a prevención de actitudes machistas. Neste senso, puxo en valor as xornadas de prevención e sensibilización da violencia sexual na mocidade, postas en marcha nos setes campus universitarios galegos pola Secretaría Xeral de Igualdade.

 

Pola súa banda, Eugenia Vizcaíno advertiu dos riscos da violencia de control entre a mocidade e o mal uso que se fai das redes sociais.

Síguenos nas redes sociais