Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular amosa a súa oposición á limitación de prezos no aluguer de vivendas

10 Jul 2019

Santiago, 10 de xullo de 2019.- O portavoz de Vivenda do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, amosou hoxe “a nosa oposición á limitación de prezos no aluguer de vivendas, logo de que esta medida fracasara naqueles sitios onde se implantou, como Francia ou Alemaña”. “O que se está a demostrar é o acerto da Xunta co seu Programa de Vivendas Baleiras, cuxas medidas están a ser implantadas agora noutros países, como Portugal”, indicou.

 

 

Jaime Castiñeira explicou que o Programa de Vivendas Baleiras da Xunta inclúe incentivos para a reforma e restauración das vivendas para os propietarios, así como axudas para seguros de multirrisco ou de garantía de cobro. “O lamentable é que concellos galegos importantes gobernados por socialistas ou populistas, que tiñan que liderar esta proposta, non se sumaron á mesma para beneficiar aos seus veciños e foron totalmente á contra”, afirmou.

 

INCREMENTO DAS VIVENDAS DE ALUGUER

 

Na súa intervención, Castiñeira asegurou que “as medidas que se veñen de adoptar en Portugal non son de limitación de prezos, xa que son semellantes ao Programa de Vivendas Baleiras, con incentivos ao propietario e tamén con garantías de cobro a través de seguros”.

 

Ademais, salientou que “aquelas vivendas que se incorporan ao Programa de Vivendas Baleiras da Xunta son para aluguer social, cus prezos moito máis baixos que os establecidos en Portugal, o que axuda para que na Comunidade galega se estea incrementando o parque público de vivendas de alugueiro, que neste momento ronda as 3.600”.

Síguenos nas redes sociais