Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular demanda “máxima prudencia” sobre a situación de Isowat en a Coruña ata que se poida avanzar nunha solución definitiva

11 Jun 2019

Santiago, 11 de xuño de 2019.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, demandou hoxe no Pleno “máxima prudencia” respecto da situación que está a pasar a empresa Isowat Made de A Coruña, “porque o que se precisa neste momento é actuar con máxima responsabilidade ata que se poida avanzar unha solución definitiva”.

 

“A Xunta mantén un contacto permanente co comité de empresa de Isowat Made, polo que os traballadores saben desde o primeiro momento que está fora de toda dúbida o compromiso deste Goberno galego de apoiar calquera proxecto que poida supoñer o mantemento da actividade”, asegurou.

 

Marta Nóvoa lembrou que “hai uns meses xa chegamos no Parlamento galego a un acordo unánime, que sigue plenamente vixente e no que o Goberno galego está traballando”. “Nos gustaría que a solución para esta empresa tivera chegado xa, pero as ofertas recibidas non foron suficientes para cumprir os obxectivos fixados”, indicou.

 

Na súa intervención, a portavoz popular saudou que no día de onte, cando remataban os tres meses do expediente de regulación temporal de emprego, “coñecíamos que existe un potencial comprador, un empresario español do sector industrial, interesado en comprar todo: o inmoble e a unidade produtiva”. “Agardamos que se consiga, para que os case 70 traballadores de Isowat poidan recuperar o seu traballo e incluso a mesma actividade na que estaban”, apuntou.

 

TODOS OS EMPREGOS VALEN O MESMO

 

Na súa intervención, Nóvoa demandou aos grupos da oposición “a mesma responsabilidade e solidariedade que amosan cos traballadores de Isowat con todos e cada dos traballadores afectados polas decisións adoptadas polo Goberno socialista respecto a Ence, Alcoa ou as centrais térmicas galegas”. “Para o Goberno galego e o PPdeG todos os empregos valen o mesmo, polo que defendemos a todos os traballadores por igual”, asegurou.

 

Ademais, criticou que “en nove meses de goberno socialista puxeron en risco a centos de traballadores da industria electrointensiva e do sector enerxético galego, co seu anuncio de peche anticipado de centrais e coa súa total inacción ante o posible peche de Alcoa; a milleiros de traballadores directos e indirectos de Ence; e a centos de traballadores do sector da automoción, co anuncio irresponsable da fin do diésel”.

 

“Vostedes, señores de En Marea e do BNG, son cómplices de todo este despropósito na industria de Galicia, porque, por unha banda, continúan a pedir cadeiras no Goberno de Pedro Sanchez e, pola outra, van a sentarse xuntos en todos os gobernos municipais onde poidan, co único fin de desbancar ao PP que gañou en moitos deses concellos”, explicou.

Síguenos nas redes sociais