Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular insiste no Pleno na súa postura respecto do proxecto da mina de Touro: tramitación ordinaria e absoluto e estrito cumprimento da lei

11 Jun 2019

Santiago, 11 de xuño de 2019.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco insistiu hoxe no Pleno do Parlamento que “a nosa postura respecto ao proxecto de reapertura da mina de Touro segue a ser a mesma que vimos mantendo desde o primeiro día: nin a favor nin en contra, tramitación ordinaria e absoluto e estrito cumprimento da lei e da normativa ambiental”.

 

 

Moisés Blanco manifestou que “as autorizacións e licenzas de actividade de calquera proxecto empresarial non dependen, nin poden depender, de si nos gustan ou non, de si está a xente a favor ou en contra ou nin sequera do que votan os veciños dos concellos afectados”.

 

MODIFICACIÓNS AO PROXECTO

 

“Depende única e exclusivamente do cumprimento da lei, neste caso unha lei aprobada polo Goberno bipartito de socialistas e nacionalistas; de respectar a tramitación administrativa en igualdade de condicións; e de atender aos informes feitos polos técnicos, traballadores públicos que desempeñan o seu traballo en liberdade e con profesionalidade en base á extensa e diferente normativa existente”.

 

Deste xeito, lembrou que “cos informes emitidos, a Xunta xa manifestou que o proxecto no era viable, sinalando que era preciso introducir modificacións para seguir coa tramitación, como así se está facendo, e non por favor extraordinario algún senón porque os promotores teñen dereito en cumprimento da lei”.

Síguenos nas redes sociais