Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Feijóo destaca que o PP cumpre só antes os veciños, mentres que o PSOE ten unha mochila na que están as Mareas e o BNG

18 May 2019

18, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, dixo que “tanto monta, monta tanto, votar PSOE como ás Mareas de Podemos e ao BNG” e que a alternativa para que haxa en todos os concellos galegos gobernos unidos e que traballen polos seus veciños se chama Partido Popular. Así, destacou que o próximo 26 de maio haberá moitas papeletas distintas nos colexios electorais, pero só un partido de goberno: o PP.

Neste senso, apuntou que o PSOE ten unha mochila na que están as Mareas de Podemos e o BNG: “O PPdeG goberna sen mochila e cumpre só ante os veciños”. Así, dixo que os concellos non precisan de gobernos de moitos partidos que os paralicen e, por iso, indicou que o único voto de cambio é apoiando aos candidatos do PP. Para Feijóo, só sumando un voto maioritario nas urnas arredor do PP non haberá reparto de goberno entre nacionalistas, populistas e socialistas. Para o presidente dos populares galegos, con gobernos tripartitos, a chave de Galicia terana Pedro Sánchez, Pablo Iglesias e os independentistas.

 

UN VOTO ÚTIL PARA OS CONCELLOS

Subliñou que o voto ao PP é o voto útil para os concellos e que a división só prexudica aos veciños. Feijóo remarcou que se os dez millóns de españois que votaron en contra de que Pedro Sánchez fose presidente do Goberno de España uniran o seu voto no PP hoxe habería outra maioría no Congreso e no Senado.

 

Por iso, Feijóo fixo un chamamento a esa maioría de votantes para que nestas Municipais unan o seu voto no Partido Popular, a única vía para contar con alcaldes con equipo, proxecto e programa, porque, tal e como dixo, nas Municipais, non se elixe un partido ou unhas siglas, senón “a un veciño”.

 

CARLOS CALVELO, UN GRAN ALCALDE PARA UN GRAN CONCELLO

“Temos un bo equipo, preparado, gañador e comprometido desde 2011 en traer oportunidades para Arteixo”, salientou Feijóo, quen, durante un mitin neste concello, sinalou que os grandes logros desta vila non son froito dunha carambola, senón de moito traballo e de ter espírito de superación e moita visión de futuro: “E Carlos Calvelo é así: traballador, ambicioso e competente”, ao tempo que dixo que é “o arquitecto do novo Arteixo”, un dos municipios máis dinámicos da nosa comunidade e onde o PP conta cunha das maiorías máis amplas de Galicia.

Síguenos nas redes sociais