Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Feijóo di que o PP é garantía de xestión ante un Sánchez co mesmo programa que Zapatero pero co dobre de frivolidade e a metade de principios

17 Abr 2019

17, abril, 2019. O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que o Partido Popular é garantía de xestión ante un Pedro Sánchez co mesmo programa que José Luis Rodríguez Zapatero pero co dobre de frivolidade e a metade de principios.

Tal e como sinalou nun mitin celebrado en Vilalba, España vai ter que volverse enfrontar a unha desaceleración para a que hai que estar preparados, lembrando que no conxunto do Estado segue a haber un problema de emprego, especialmente xuvenil, cunha tendencia que volveu ser negativa estes meses e para a que Pedro Sánchez demostrou non ter solucións. “É preciso ter a garantía dun goberno que axuda a crear emprego” dixo o líder dos populares galegos, ao tempo que salientou que hai un partido que sempre deixa o país con máis traballo, o PP, e outro que sempre o deixa con menos, referíndose á formación socialista: “España non pode tropezar por terceira vez na mesma pedra do paro que é o PSOE”.

 

Ademais, expresou que hai que garantir o cobro das pensións “e isto non son só palabras, isto é xestión”, recordando tamén que só con Zapatero se chegaron a conxelar.

 

No que respecta á desigualdade no acceso aos servizos públicos, Feijóo lamentou que continúe a haber un financiamento autonómico que esquece aos veciños dos pequenos concellos, que foi o que pactou o PSOE cos independentistas cataláns. Polo que, agora que o independentismo de Cataluña quere aínda máis, ten ao PSOE disposto a darllo mentres segue discriminando ao rural galego. Nese senso, engadiu que cos socialistas temos “menos Galicia e menos España” e incidiu na necesidade de ter un goberno para todos os españois.

 

De igual xeito, apuntou que en España segue a haber diferenzas en infraestruturas. De feito, destacou que Galicia leva 27 anos esperando por un AVE, mentres que en Andalucía chegou no 1992 e en Cataluña, hai máis dunha década. Para Feijóo, este déficit non se arranxa cun Executivo central que presuposta na nosa Comunidade un 30% menos e lle aumenta un 60% en lugares onde xa teñen esas infraestruturas, senón que se acada “cun Goberno que cre en Galicia e nunca un Goberno investiu tanto en Galicia como o PP”.

 

O PP, O ÚNICO QUE PROPÓN GOBERNAR

Durante a súa intervención, o presidente sinalou que a importancia duns comicios non radica en derrotar ao adversario ou en acadar máis escanos ou en que a combinación duns partidos ou doutros dea unha maioría, senón en que, ao día seguinte das eleccións, “hai que gobernar este país hai que ter ideas, proxecto, propostas, experiencia e equipos”.

 

Segundo explicou, hai un PSOE que prefire que non se fale disto porque quedan ao descuberto todas as súas carencias, ao mesmo tempo que o resto de partidos non aportan solucións porque o seu obxectivo só é influír ou mandar o máis posible pero non xestionar. Pola contra, subliñou que só hai unha formación que, máis aló do ruído da campaña, está propoñendo un goberno que goberne: o Partido Popular.

Síguenos nas redes sociais