O Grupo Popular reitera o seu apoio aos traballadores de Poligal e valora a mesa de diálogo que lidera a Xunta

21 Mar 2019
Santiago, 21 de marzo de 2019.- O Grupo Popular volveu insistir este xoves na Comisión 6ª do Parlamento galego en que está ao lado dos traballadores e traballadoras da empresa Poligal de Narón. Neste sentido, o viceportavoz Miguel Tellado valorou positivamente a creación por parte da Xunta de Galicia dun grupo de traballo co Comité de Empresa e os sindicatos para avaliar a situación actual, tanto desde o punto de vista laboral como empresarial; e lembrou que a Xunta púxose á súa disposición, como autoridade laboral, para velar polo cumprimento dos seus dereitos conforme á legalidade vixente.
 
 

 

Deste xeito, o tamén portavoz de Industria avanzou que, tanto o Goberno galego coma a maioría que o sustenta, “seguirán polo miúdo a decisión do Xulgado, despois de que a empresa presentara o concurso de acredores, e mediarán no que sexa preciso no ámbito das súas competencias”.
 
 

 

O PROBLEMA CHÁMASE PEDRO SÁNCHEZ
 
 

 

Por outra banda, Tellado subliñou que “a industria galega ten un problema, que se chama Pedro Sánchez”, en alusión á posta en perigo de milleiros de postos de traballo pola actuación do Goberno Central en sectores coma a automoción, as industrias electrointensivas, as centrais térmicas ou o forestal. “Ninguén lle fixo tanto dano a Galicia en tan pouco tempo coma este Goberno socialista”, sentenciou.
 

 


Por último, o viceportavoz reprochoulle ao BNG a intención de sacar rédito político dun conflito laboral. “A vostedes os dereitos dos traballadores e a situación do emprego en Galicia impórtalles ben pouco”, lamentou.

Síguenos nas redes sociais