Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O proxecto de Lei de rehabilitación continúa a súa tramitación no Parlamento ao superar o debate de totalidade

26 Feb 2019
Santiago, 26 de febreiro de 2019.- O proxecto de Lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia avanzará na súa tramitación no Parlamento galego logo de que hoxe superara o debate de totalidade no Pleno.
 
 
O portavoz de Vivenda, Jaime Castiñeira, manifestou que “estamos no momento para chegar ao maior consenso posible e conseguir o mellor texto lexislativo para os galegos” e indicou que “en materia de rehabilitación é importante mirar ao pasado pero con ollos de futuro”.
 
 

 

Jaime Castiñeira manifestou que esta nova norma “facilita as intervencións en materia de rehabilitación e rexeneración urbanas, sendo sempre a iniciativa e planificación das administracións públicas e establecendo tutela sobre actuacións privadas ou a nivel particular”. Neste sentido, salientou que “protexe de xeito especial aos propietarios incluídos nos ámbitos que se delimiten”,
 

 

 

COORDINACIÓN EXQUISITA
 
 

 

Esta nova lei é froito da “coordinación exquisita entre o IGVS, Patrimonio e a Dirección Xeral de Urbanismo”, manifestou, para destacar tamén “a ampla participación de entidades na súa elaboración, como o Colexio de Arquitectos, que valorou positivamente o anteproxecto e fixo algunhas consideracións; a propia Federación Galega de Municipios e Provincias, que tamén considerou o texto como merecente do parecer favorable; ou o Consello Galego de Aparelladores e Arquitectos Técnicos”.
 

 

 

Castiñeira afirmou que con esta nova lei “non existe confusión normativa”, porque “culmina un proceso normativo en materia de intervencións do territorio, centrándose en regular as actuacións sobre o patrimonio construído dándolle especial relevancia á rehabilitación”. “Se queremos revitalizar os cascos históricos hai que dotalos de servizos”, apuntou.
 

 

 

Ademais, o portavoz popular indicou que esta nova lei “establece garantías para o conxunto de residentes nun territorio, incluídos aqueles que non teñen recursos para acometer a rehabilitación”. Tamén subliñou que o texto lexislativo “incorpora unha memoria económica, na que se recolle un investimento superior aos 113 millóns de euros nos vindeiros tres anos”.
 
 


Jaime Castiñeira, asegurou que a nova lei “non invade competencias dos concellos nin ataca a autonomía municipal” e lembrou que “nin a Fegamp nin concello algún que fixo alegacións menciona que se invadan as súas competencias”. “Amosamos confianza nos 313 concellos para que en moitos supostos poidan conceder licenza directa sen informe da Xunta”, sinalou.

Síguenos nas redes sociais