Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O PPdeG afirma que a Xunta mellorará o cruce de Setados en As Neves dentro da estratexia para eliminar treitos de concentración de accidentes

21 Feb 2019
Santiago, 21 de febreiro de 2019.- O deputado do Grupo Popular Moisés Rodríguez afirmou hoxe no Parlamento que a Xunta ten previsto realizar obras de mellora do cruce de Setados no concello de Crecente dentro da estratexia para a eliminación de treitos de concentración de accidentes, que conta cun investimento de 12,3 millóns de euros e un prazo de execución ata 2020.
 
 

 

Moisés Rodríguez explicou que o proxecto de mellora no punto quilométrico 9,980 da PO-400 prevé a construción dunha intersección en “T” co camiño municipal que conecta os núcleos de laxe a A Igrexa. As obras inclúen a urbanización de todo o ámbito coa renovación da pavimentación, sinalización e defensas adecuadas para repoñer todos os servizos necesarios.
 

 

 

EVITAR ACCIDENTES
 
 

 

“A Xunta está comprometida con facer todo tipo de melloras nas estradas da súa titularidade para evitar accidentes, priorizando aquelas que teñan maior intensidade de tráfico e perigosidade”, sinalou o deputado popular.
 
 


Neste sentido, lembrou que a Xunta ten realizado diversas obras de mellora na estrada PO-400, como a mellora da intersección no punto quilométrico 19,660 no concello de Arbo ou a adecuación do firme en antigos treitos desta vía ao seu paso polo concello de Crecente. Ademais, licitou recentemente un contrato para, entre outras actuacións, reforzar o firme da PO-400 ao seu paso por Salvaterra nun tramo de máis de tres quilómetros.

Síguenos nas redes sociais