Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular celebra que Endesa e os traballadores retomen as conversas para un novo convenio colectivo

21 Feb 2019
Santiago, 20 de febreiro de 2019.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, celebrou este mércores que Endesa e os representantes dos traballadores retomasen nos últimos días as negociacións para establecer un novo convenio colectivo e lembrou que “as administracións teñen a capacidade de mediar nestes posibles conflitos, pero non de interferir”.
 
 
Con todo, aseverou que o problema das Pontes non é o marco laboral “senón un Goberno Central que é inimigo das industrias do noso país”.
 

 

 

Deste xeito, o deputado ferrolán fixo un breve repaso dos agravios que supuxo o Goberno de Sánchez para a zona de Ferrol, Eume e Ortegal, onde sobresaen o retraso na orde de execución das Fragatas F-110 e o anuncio de peche da central térmica das Pontes en 2030, cando a empresa acometeu os investimentos necesarios para aumentar a súa vida útil ata 2045. “Vostedes queren acometer unha suposta transición enerxética que vai máis alá das directivas europeas sobre este asunto”, recalcou.
 

 

 

Sobre este punto, lembrou que a factoría é o motor económico da comarca, grazas aos 300 empregos directos que xera, e lamentou as incertezas que creou o anuncio do executivo. “Este grupo seguirá pelexando polo futuro das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, ás que sempre que gobernaron os socialistas lles foi moi mal”, insistiu.
 
 


Para concluír, Miguel Tellado lembrou os efectos positivos que tivo a lexislación laboral dos gobernos populares. “Pasamos dun goberno de Zapatero que duplicou a cifra de parados, ao de Rajoy que creou tres millóns de empregos”, subliñou, para ironizar con que Pedro Sánchez “pasou de dicir que a primeira medida que tomaría ao chegar ao Goberno sería derrogar a reforma laboral, e finalmente optou por cambiar de colchón”.

Síguenos nas redes sociais