Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Puy afirma que o PP “actuou de forma coherente votando en contra duns orzamentos do Estado que eran malos para a economía española e galega”

13 Feb 2019
Santiago, 13 de febreiro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que o Partido Popular “actuou de forma coherente no Congreso ao votar en contra dos orzamentos xerais do Estado”, que foron rexeitados ao prosperar as seis emendas á totalidade presentadas, porque “son malos para a economía española e galega, que está a vivir unha fase de crecemento e transformación; e tamén son malos no ámbito territorial, porque trataban dunha forma inxusta a Galicia”.
 
 

 

Pedro Puy asegurou que os orzamentos do Estado “terían sido malos para Galicia, que leva encadeando varios exercicios de crecemento do PIB por enriba de España e cunha economía baseada nas exportacións, a segunda mellor con saldo comercial”.
 
 


En concreto, lembrou que supoñían “un descenso de 165 millóns de euros respecto a 2018, e nos que Galicia pasaba de representar o 10 por cento a pouco máis do 6 por cento”.  Do mesmo xeito, rexistraban unha caída do 26 por cento do investimento territorializado para Galicia, pese a incrementarse un 26 por cento a nivel global e incluso un 57 por cento en Cataluña.

Síguenos nas redes sociais