Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular reitera a súa demanda para que o Goberno español defenda a inclusión da conexión Vigo-Porto no Corredor do Atlántico

13 Feb 2019
Santiago, 13 de febreiro de 2019.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Pleno do Parlamento a aprobación dunha nova proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno español que defenda a inclusión da conexión Vigo-Porto no Corredor Atlántico dentro do proceso de reforma regulamentaria para o desenvolvemento da Rede Transeuropea de Transporte e a creación do mecanismo Conectar Europa.
 
 

 

A deputada popular Teresa Egerique subliñou que o PPdeG “mantén a súa postura sobre esta demanda e seguiremos esixindo sempre o mesmo, sen cambios de criterio e con toda a coherencia que este tema require”. “Queremos expresar a nosa contundencia sobre este tema porque as experiencias das decisións de Europa cando intermediou o Partido Socialista foron nefastas para Galicia”, sinalou lembrando a actuación do comisario Almunia respecto do Tax Lease, de José Blanco deixando a Vigo fóra da rede de portos nodais ou o actual presidente Sánchez condonándolle a débeda ao Porto de Valencia.
 
 

 

“Só cunha rede ferroviaria de transporte de mercadorías moderna se poderá conectar o tecido empresarial do noroeste de Europa en condicións competitivas en canto a prezo, tempos e servizos de postvenda”, manifestou a deputada popular.
 
 

 

ENCONTRO DE PRESIDENTES
 

 

 

Teresa Egerique lembrou o encontro celebrado o pasado 28 de febreiro en Santiago polos presidentes autonómicos de Galicia, Asturias e Castela e León, coa participación de representantes institucionais, sociais, empresariais e sindicais das tres comunidades, co obxectivo de seguir impulsando e defendendo este corredor estratéxico.
 
 


“Galicia e as comunidades do noroeste queren que o Goberno do Estado defenda ante a Unión Europea o Corredor Atlántico, coa mesma intensidade que o fai no caso do Corredor Mediterráneo”, manifestou Egerique. Ademais, destacou que no encontro “tamén se amosou a vontade de ampliar e incorporar o norte de Portugal ao Corredor Atlántico, coa inclusión do eixo Vigo-Porto”.

Síguenos nas redes sociais