Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular defende “máis política de salvamento e menos política co salvamento”

12 Feb 2019
Santiago, 12 de febreiro de 2019.- O portavoz do Mar do Grupo Popular,  Teresa Egerique, asegurou hoxe no Parlamento que “queremos máis política de salvamento e menos política co salvamento”. Neste sentido, asegurou que “ter máis competencias non é garantía de mellores medios para salvar vidas, porque o importante é a coordinación e que funcionen os recursos existentes”.
 
 

 

Teresa Egerique manifestou que o PPdeG “sempre estivo no mesmo sitio: de parte dos galegos, defendendo os intereses de Galicia e aprendendo das catástrofes que sufrimos”. Así, lembrou as palabras do director executivo da Axencia Europea de Seguridade Marítima respecto do accidente do Prestige, quen afirmou que “ningún estado membro da Unión Europea está por si só preparado para loitar contra un caso así” ou que “a UE non estaba preparada para afrontar un accidente así, non había tantos equipos como se necesitaba”.
 
 

 

RACIONALIDADE E COORDINACIÓN
 
 

 

A transferencia da competencia en salvamento marítimo “precisa de dúas máximas que o PPdeG non esquecemos e que os galegos entenden perfectamente: a racionalidade e a coordinación”. Deste xeito, indicou que “é importante ter competencias, pero é máis importante coordinar os medios existentes”.
 
 

 

Así, a portavoz popular explicou que “sempre apostamos por ter medios e telos operativos e para iso dispuxemos os medios aéreos as 24 horas dos 365 días do ano, cun tempo de resposta de 10 minutos, fronte á proposta do anterior Goberno bipartito de ter tres helicópteros cunha resposta de 30 minutos; renováronse catro patrulleiras e unha patrulleira pesada; e incorporamos 42 novas persoas desde 2014”. “O salvamento marítimo en Galicia é un exemplo para España e Europa”, asegurou.
 
 


Teresa Egerique considerou “fundamental que Galicia estea sempre presente na toma de decisións” en materia de salvamento marítimo”. Neste sentido, indicou que as emerxencias marítimas no litoral galego se coordinan desde o centro zonal de Fisterra, e os responsables eran e son galegos “expertos coñecedores dos problemas das nosas augas e da súa procedencia”. 

Síguenos nas redes sociais