Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O PPdeG pide a Caballero que non aplauda a decisión de Pedro Sánchez de render España aos pés do independentismo

06 Feb 2019

6, febreiro, 2019.  O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, instou ao secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, a que se sume ás voces discordantes do PSOE que se senten escandalizados tras a decisión de Pedro Sánchez de render o Estado aos pés de Puigdemont e Torra.

“Apelamos á conciencia doutros dirixentes e simpatizantes socialistas que si están en contra de que o Goberno de España acepte que haxa unha mediación entre Cataluña e España”, di o número dous do PPdeG, quen considera que “este país non pode pagar o prezo que Pedro Sánchez está disposto a aboar para vivir uns meses máis na Moncloa”. Así, Tellado urxe que alguén dentro do PSdeG faga entrar en razón ao seu secretario xeral e “lle aforre a humillación de que os socialistas galegos acaben avalando esta conduta irresponsable de Pedro Sánchez”.

 

Neste senso, dixo que Pedro Sánchez non é un digno presidente do Goberno de España e que, do mesmo xeito, Gonzalo Caballero tampouco é digno representante dos socialistas de Galicia. “Non hai precedentes de decisións tan humillantes como a que vén de adoptar o Goberno de España e, fronte a voces discordantes xurdidas noutros territorios, os socialistas galegos aplauden e celebran esta decisión de ultraxe bosquexada por Pedro Sánchez”, indicou. Por iso, o número dous dos populares galegos apelou directamente á responsabilidade e á conciencia, non só de Gonzalo Caballero, senón dos alcaldes socialistas de Vigo e Lugo; dos presidentes das deputacións da Coruña, Pontevedra e Lugo; dos alcaldes, portavoces e concelleiros dos 313 concellos de Galicia; e, así como tamén, dos miles de votantes que, considerados socialistas, están defraudados pola decisión que tomou o presidente do Goberno e polo aplauso do secretario xeral do PSdeG a esas medidas.

 

Tal e como indicou Tellado, “hai cuestións que transcenden á ideoloxía do partido e, neste caso, non falamos de doutrina política, senón de evitar semellante humillación aos españois e aos galegos”. Para o número dous do PPdeG, Gonzalo Caballero, sendo aliado de Pedro Sánchez, convértese así en aliado de Torra e xa non só pacta gobernos co BNG, que vai en coalición con Esquerra Republicana, nin con dirixentes de partidos que visitan aos presos independentistas no cárcere; agora pasa a ser parte activa deste despropósito político.

Síguenos nas redes sociais