O Parlamento galego pide que a Xunta incremente o acollemento familiar de menores

06 Feb 2019
Santiago, 6 de febreiro de 2019.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a seguir apostando polo acollemento familiar dos nenos, nenas e adolescentes que estean baixo o sistema de protección, impulsando o acollemento familiar de menores estranxeiros non acompañados.
 
 

 

A portavoz de Servizos Sociais do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, sinalou que “na actualidade máis de 1.500 nenos, nenas e adolescentes están en acollemento familiar, ben sexa en familia extensa ou allea”. “Esta cifra eleva ata o 59 por cento a porcentaxe de menores baixo esta medida que forma parte da Xunta”, concretou.
 

 

 

IMPLICACIÓN E SOLIDARIEDADE DAS FAMILIAS
 
 

 

Marta Rodriguez considerou “fundamental a implicación e solidariedade das familias que acollen estes nenos, nenas e adolescentes en situación de desamparo, co obxectivo de procurar que estes menores vivan nun ambiente normalizado no que se sintan protexidos, queridos e poidan desenvolverse plenamente”.
 

 

 

“Tamén é fundamental o apoio da Xunta a estas familias, e mostra disto é que durante o pasado ano incrementou un 40 por cento, ata os 3,4 millóns de euros, o orzamento destinado ao programa de acollemento, unha contía que se mantén este ano 2019”, salientou.
 
 

 

Rodríguez Arias explicou que a Consellería de Política Social realiza un apoio íntegro ao recurso de acollemento familiar por considerar que é o mellor recurso de protección para os nenos, nenas e adolescentes en situación de risco ou desamparo”.
 
 


“Este apoio íntegro maniféstase no incremento realizado na achega económica polo acollemento destes menores, así como na mellora este ano do sistema de pagamento co obxectivo de que a familia extensa perciba unha axuda en todos os casos nos que os seus ingresos per cápita sexan inferiores a 7.500 euros, medida que chega ao 95 por cento das familias acolledoras”, indicou.

Síguenos nas redes sociais