Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular pedirá ao Ministerio de Interior o incremento de efectivos na Policía Nacional en Galicia e na unidade adscrita á Comunidade galega

01 Feb 2019
Santiago, 31 de xaneiro de 2019.- Os viceportavoces do Grupo Popular Miguel Tellado e Paula Prado reuníronse esta mañá con representantes do Sindicato Unificado de Policía (SUP) para analizar a situación deste colectivo en Galicia e acordaron solicitar ao Ministerio do Interior que na próximas convocatorias de novas prazas e de concurso de méritos se contemple a adscrición á Comunidade galega dun número suficiente de axentes para atender as graves carencias de persoal existentes na actualidade.
 
 
Así mesmo, pedirase un incremento dos efectivos da unidade de Policía Nacional adscrita á Xunta, xa que neste momento presenta unha redución de máis do 20 por cento dos 500 axentes contemplados.
 
 

 

Segundo os datos facilitados hoxe polos representantes do SUP, Galicia vén perdendo cada ano un centenar de policías, o que provocou que na actualidade presten os seus servizos en Galicia un total de 2.314 axentes cando lle corresponderían por catálogo 2.980. “Esta situación tamén se está a padecer na unidade adscrita á Xunta de Galicia, que neste momento dispón de 396 axentes dos 500 que ten asignados”, sinalou Miguel Tellado.
 

 

 

Estas carencias de persoal tanto nas comisarías da Policía Nacional de Galicia como na unidade adscrita á Xunta é consecuencia do incremento das funcións asumidas pola Policía Nacional (como delitos telemáticos, violencia de xénero ou doméstica, etc), a redución das prazas convocadas nos últimos anos e, tamén, pola falta de reposición de efectivos.
 

 

 

“Para o PPdeG é preocupante esta situación de falta de efectivos que está a vivir a Policía Nacional en Galicia, tanto pola repercusión que ten no desempeño das súas funcións como porque afecta negativamente á seguridade cidadá, polo que imos demandar ao Goberno central que na próxima convocatoria de prazas teña en conta estas deficiencias de persoal e incorpore novos axentes tanto á Policía Nacional como na unidade adscrita á Comunidade galega”, manifestou Tellado.
 

Síguenos nas redes sociais