Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O PPdeG afirma a disposición da Xunta para estudar o inicio dos traballos de concentración parcelaria en calquera zona do concello de Teo, así como noutras zonas de Galicia

23 Nov 2018
Santiago, 23 de novembro de 2018.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, Moisés Blanco, asegurou hoxe no Parlamento a plena disposición da Xunta de Galicia para estudar a posibilidade de iniciar os traballos de reestruturación parcelaria de Baamonde, Lampai, Lucí, Luou, Oza, Rarís, Teo e Vilariño no concello de Teo, así como calquera outra zona que o solicite da comunidade galega.
 

 

Moisés Blanco afirmou que “non existe constancia da presentación de ningunha nova solicitude de reestruturación parcelaria en parroquias de Teo”, pero apuntou que “de recibirse novas propostas serán estudadas pola Consellería do Medio Rural para comprobar se compren co establecido na Lei de mellora da estrutura territorial agraria”.
 

 


O deputado popular lembrou que os procesos de concentración parcelaria de Baamonde, Lampai, Lucí, Luou, Oza, Rarís, Teo e Vilariño no concello de Teo foron decretados en 1999, pero posteriormente en 2015, seguindo o recollido na Lei 4/2015 de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, se declararon caducados xa que non se realizara ningún acto administrativo firme no prazo de 15 anos.

Síguenos nas redes sociais