Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular reclama que se manteña a carga de traballo no naval ferrolán

23 Nov 2018

Santiago, 22 de novembro de 2018.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, defendeu este xoves no Parlamento galego unha proposición non de lei para instar á dirección da empresa pública Navantia para que continúe o esforzo no eido comercial e manteña a carga de traballo en obra civil do estaleiro de Fene, ben sexa a través da eólica offshore ou coa construción de buques civís.

 

 

 

Tellado lembrou que Navantia é unha peza estratéxica da economía non só de Ferrolterra, senón tamén de Galicia, que representa o 16 por cento do PIB industrial da provincia de A Coruña e o 24 por cento do seu emprego industrial, cifras que amosan claramente o que esta empresa pública estatal significa dentro do tecido industrial e do sector naval en particular.

 

 

 

Na súa intervención, o viceportavoz tamén debullou a relevancia da diversificación levada a cabo nos últimos anos, nomeadamente no eido da eólica offshore, que ten situado a Navantia como principal provedor de jackets para os parques eólicos Wikinger, en Alemaña, e Est Anglia One, en Escocia, entre outros. Neste sentido, insistiu en que Galicia xa é un referente internacional neste eido, malia as constantes mofas que fixeron as Mareas de Podemos desta actividade.

 

 

TRES DÉCADAS DE MALDICIÓN SOCIALISTA

 

 

 

“A Ferrol sempre lle foi ben cando se combinou construción civil e militar, polo que non hai por que deixar de lado ningunha”, subliñou, tras recordar as “tres décadas de maldición socialista” de veto aos buques civís. Incidindo neste argumento, tamén lembrou que “foron os gobernos do PP os que acenderon a luz dos talleres e recuperaron a carga de traballo para os estaleiros”.

 

 

 

Así, ilustrou esta afirmación cuantificando en 1.997 millóns de euros en contratos logrados no período 2014-2018, nos que se inclúe, entre outros, o flotel para Pemex, o Buque de Acción Marítima, as jackets e as reparacións de distintos buques.

 

 


No turno de réplica, Tellado recordou que “temos criticado moito ao goberno de José Luis Rodríguez Zapatero por non conseguir ningún contrato para o noso naval, pero Pedro Sánchez fixo por superalo ao ameazar os xa asinados”, en referencia ás corvetas para Arabia Saudí e á parálise do proxecto das Fragatas F-110.

Síguenos nas redes sociais